lunes, 9 de diciembre de 2013
miércoles, 2 de octubre de 2013
Baixamar en Lordelo (O Grove) (130x97) (IX-2013)
A luz que se atopa no barrio de Lordelo (O Grove) é moi semellante á que gozamos en San Tomé, por iso é un dos meus recantos preferidos desa vila.
martes, 10 de septiembre de 2013
sábado, 7 de septiembre de 2013
O CONCELLO DO GROVE CONVOCA UN CONCURSO DE PINTURA
O Concello do Grove convoca o primeiro concurso de pintura figurativa relacionada co patrimonio histórico e artístico do Grove. O premio son 1000 euros e o prazo de presentación remata o 30 de setembro do 2013.
lunes, 2 de septiembre de 2013
Xa se publicou o meu último traballlo en formato caderno de viaxe. O meu querido RIBADEO.
Estes son algunhos dos debuxos que poden verse no interior do caderno. Está publicado pola Asociación Cultural Casa das Letras de Ribadeo.
A COLECCIÓN DE ARTE DE NOVACAIXAGALICIA
O Emigrante, óleo de Castelao que posúe a Fundación Novacaixagalicia
A mellor colección de arte galega que existe na actualidade está en mans da Fundación Novacaixagalicia, fundación creada como entidade independente xurdida a partir da fusión bancaria de Caixa Galicia e Caixanova e a posterior nacionalización por parte do FROB.
Novagalicia Banco vai ser vendido polo FROB probablemente no vindeiro mes de outubro. Que pasará coa Fundación, a súa Obra Social e a colección de arte? non se sabe. E cabe a posibilidade que todo isto pase a mans de inversores extranxeiros que pode que non vexan nesta colección de arte máis que un valor económico. Unha colección de arte que foi mercada cos aforros de tod@s @s galeg@s.
Xa que se van vender as antigas caixas galegas, xa que se vai perder un patrimonio que se xuntou, insisto, co noso aforro, salvemos polo menos a colección artística. Entra na súa páxina. Hai obras de Castelao, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo... e de artistas cambadeses como Asorey ou Francisco Leiro.
Hai unha iniciativa en internet a través da plataforma change.org pedindo toda a colección pase a ser BIC (ben de interese cultural) e se exhiba na Cidade da Cultura.
CLIKA E ASINA! pode que asinar non resolva o problema pero seguro que axudará algo.
http://www.change.org/es/peticiones/salvar-a-colecci%C3%B3n-de-arte-de-novagaliciabanco-para-os-galegos-e-trasladala-%C3%A1-cidade-da-cultura?utm_source=supporter_message&utm_medium=email&utm_campaign=petition_message_notice
http://www.change.org/es/peticiones/salvar-a-colecci%C3%B3n-de-arte-de-novagaliciabanco-para-os-galegos-e-trasladala-%C3%A1-cidade-da-cultura?utm_source=supporter_message&utm_medium=email&utm_campaign=petition_message_notice
jueves, 1 de agosto de 2013
FESTIVAL FOTOGRÁFICO PROXECTA
Este ano os organizadores do Festival Fotográfico "Proxecta" (o fotógrafo Jose Luiz Oubiña entre eles) decidiron trasladalo de Vilagarcía a Cambados. Este é o seu recomendable programa:
Programación Fotográfico Festival Proxecta 2013
1) Realizar unha sesión nocturna de +- 60’min con proxeccións de fotografías ao ar libre con traballos desenrolados por fotógrafos profesionais nacionais e internacionais. A proxección ao ar libre ten como aliciente a posibilidade de achegamento ao arte da fotografía a unha grande parte da poboación que non ten o costume de frecuentar galerias e salas de arte, facendo da rúa unha gran sala de exposicions. Suxírese que o tempo máximo total das proxección non sexa máis de 60 minutos (dado que segundo os estudos é o tempo máximo de plena atención dos seres humanos). O número de participantes é de unha ducia de fotógrafos. Dia: 17/08/2013. Horário: 22:30. Lugar: Plaza Fefiñans (en caso de choiva Auditório da Xuventude Cambados). Duración: Unha xornada nocturna;
2) Exposición fotográfica “Premio fotojornalismo 2012 - Estação Imagem Mora”: Reune as millores imaxes fotoxornalísticas feitas polos reporteiros de Portugal e Galicia. Dia: 17/08/2013. Hora: 13:00 (inauguración). Lugar: Pazo de Torrado. Duración: 1 mes;
3) Mercadiño “Proxectado”: Actividad dirixida a fotógrafos profesionais e amadores. Buscase a traves dun mini mercadiño fotográfico que os participantes divulguen, intercambien e vendan as suas imaxes, as suas idéias, as suas fotos e libros. Que se fale e discuta a fotografía, que se organize e divulguen as futuras exposicions; e que inclusive haxa a posibilidade de intercambios, trueques e venda de fotos persoais e material fotográfico novo e de coleccionismo. Dia: 17/08/2013. Hora: a partir das 16:30. Lugar: Praza de Asorey. Duración: 1 día (tarde e noite);
4) Exposición fotográfica ao ar libre “Paisaje desde el Arcén” de Francis Tsang: Facer unha mostra aberta ao publico e ao ar libre de fotografías en grande formato. As fotos son do “Tour” e da “Vuelta” correspondentes aos anos 2001 e 2002, e da última “Vuelta a España 2012”. Penduradas en lugares públicos da cidade, copiadas en ploter vinilico/lonas para que soporten as inclemencias climáticas. Dia: 18/08/2013. Hora: 12:00 (inauguración). Lugar: Ruas Real e Principe (Paso da crono por equipos “Vuelta 2013”). Duración: +- Veinte días;
5) Charla de Francis Tsang: Charla sobre Fotografía. Dia: 17/08/2013. Hora: 17:30. Lugar: Auditorio Exposalnés (ex-Centro Comarcal). Duración : +- 2 horas.
jueves, 25 de julio de 2013
viernes, 12 de julio de 2013
Cartel anunciador da Festa do Albariño 2013 (70x50)
O noso compañeiro blogueiro e pintor, Eduardo Baamonde foi o encargado de deseñar o cartel das festas do Albariño deste ano.
jueves, 4 de julio de 2013
Sesión de acuarela al aire libre en Cambados (VII-2013)
Josebe Arrillaga gravou esta sesión de acuarela ao aire libre polas rúas de San Tomé. Agardo que vos animedes a debuxar os fermosos recantos que temos no Salnés.
miércoles, 3 de julio de 2013
lunes, 17 de junio de 2013
San Martiño de Agudelo (Barro)
Onte comencei cunha tranquila e prometedora xornada de pintura ao aire libre aproveitando a fermosa imaxe que ofrece esta capela que conserva un ábside do século XII. Mágoa que a aparición da intempestiva choiva botara abaixo ás miñas expectativas.
domingo, 9 de junio de 2013
viernes, 7 de junio de 2013
XORNADAS DE AUTOXESTIÓN DA SAUDE EN VILAGARCIA
A CNT organiza unhas xornadas de
autoxestión da saúde para os sábados 8 e 15 de xuño no auditorio municipal de
Vilagarcía de Arousa a partir das 17:30 no seminario 2.
Programa:
8 de xuño ás 17:30 charla-debate.
jueves, 6 de junio de 2013
Taller de Debuxo urban e cadernos de viaxe organizado pola Galería El Taller (Santiago)
Debuxo urbano e cadernos de viaxe
Un taller de 8 horas para explorar as posibilidades do debuxo rápido na rúa. O autor mostrará na introdución teórica os seus cadernos ao tempo que comenta os soportes e as técnicas gráficas máis axeitadas, a selección de encadres e motivos, e explicará os recursos básicos do debuxo, como son a perspectiva, o encaixe, a figura, as texturas, o claroscuro e a cor. Na parte práctica sairase á rúa para debuxar do natural en diferentes puntos da cidade.
EXHIBICIÓN DE BAILE GALEGO
Asoblog organiza esta fin de semana unha exhibición de baile galego, non faltedes!
miércoles, 5 de junio de 2013
lunes, 3 de junio de 2013
Paseo de San Tomé no solpor (3-VI-2013)
Por fin un verdadeiro día de primavera: sol, brisa suave, un mar fantástico e as últimas luces do día nun dos meus recantos preferidos de Cambados.
UNHA ESTRAÑA ROTONDA IRROMPE ENTRE OUBIÑA E TREMOEDO
No límite entre Oubiña e Tremoedo levantouse unha sorte de rotonda que, como
mínimo, deixa estupefacto ao condutor. Nada de céspede nin de esculturas. Alí optouse
por apilar unha chea de postes de pedra e rodealos con rede de obra para
indicar non se sabe que. No Concello de Cambados explican que é probable que
corresponda ás obras da rede de camiños da parcelaria que se executa en Oubiña,
pero, matizan, a chapuza está en terreos de Vilanova.
CAMBRE “RESUCITA” O BUS BÚHO PARA QUE OS MOZOS ACUDAN ÁS FESTAS MÁIS POPULARES DE GALICIA, ENTRE ELAS A DO ALBARIÑO DE CAMBADOS.
Un goberno do Partido Popular (o autonómico) enterrouno, e outro do PP (o de Cambre) vai resucitalo. Os
mozos poderán volver utilizar o denominado bus búho sempre que queiran acudir
ás festas máis populares de Galicia como a Festa do Albariño, de Cambados, ou o
San Froilán, de Lugo, entre outras.
Baixo a denominación “Festa Segura”, o Concello, que preside Manuel Rivas,
pretende que os mozos do municipio non teñan que facer uso do vehículo
particular e, a base de autobuses sufragados pola entidade municipal, non
asuman riscos innecesarios ao volante.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









