Mostrando entradas con la etiqueta Pontevedra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pontevedra. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de febrero de 2013

14 SALON DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL EN PONTEVEDRA







Acto de presentación

mundo dos libros para os máis novos da casa volve a ter o seu espazo en Pontevedra. Conscientes da importancia de estimular a lectura entre a poboación estudiantil o Concello de Pontevedra volve a organizar unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Esta décimo cuarta andaina leva por título A Toda Máquina, e precisamente o mundo da locomoción terá moito que ver na ambientación do Pazo da Cultura de Pontevedra durante o desenvolvemento desta feira, do 2 ó 23 de marzo.


Malia contar cun orzamento algo máis reducido ca na edición anterior, o Concello decidiu non sacrificar a gran cantidade de contidos e intensidade de eventos reducindo a prolongación do mesmo, -este ano contará cunha semana menos-, e a sona dalgúns dos actuantes.

Neste salón, adicado este ano á traxectoria da escritora Marilar Aleixandre, encontrarémonos actividades para tódalas idades: desde novidosas postas en escea para presentación de libros, ata obradoiros, espectáculos musicais, espazo de videoxogos e mesmo exposicións; como unha da Escola de Canteiros de Pontevedra ou unha da Asociación Galega de Ilustradores.

Amais, como non, haberá teatro. Como novidade este ano o salón abrirá as súas portas os domingos pola tarde. Este lobo será o encargado de pregoar as excelencias deste salón. Mañá dirixirase a Santiago en tren para convidar ós escolares da Capital de Galicia a asistir ó mesmo; ó igual que fará tamén na Cidade do Lérez.


viernes, 22 de febrero de 2013

PECULIAR EXPOSICIÓN EN PONTEVEDRA






Artistas con discapacidade que elaboran os seus traballos coa boca ou os pés son os protagonistas da mostra de pintura que, desde este venres e ata o próximo 8 de marzo, se pode visitar na sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra.
Trátase dunha exposición da Asociación de Pintores con la Boca y el Pie que foi fundada, precisamente, por un artista alemán, Erich Stegman, que tras perder a mobilidade nas mans se gañou a vida pintando coa boca e que decidiu crear esta asociación para que outros creadores na súa mesma situación puidesen beneficiarse de estar asociados.
Ademais das obras de artistas internacionais, a exposición amosa o traballo dos mellores pintores nacionais nesta modalidade, como Manuel Parreño e Cristóbal M. Toledo.

O principal obxectivo é "poder vivir de su esfuerzo y su trabajo a través de la aceptación y el reconocimiento de la calidad de sus obras", segundo a declaración de motivos da exposición.Buscan así comercializar as obras que producen, de forma que teñan garantido o sustento económico, sen depender nin de subvencións públicas nin da caridade.
A Asociación foi medrando e estendéndose a todo o mundo, dando lugar a un movemento artístico que está presente xa en 74 países e que conta cuns 800 membros. A ela podenpertencer aqueles artistas que perderan o uso das súas mans e queiran seguir pintando suxeitando un pincel coa boca ou o pé.
A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 09.00 a 20.00 horas e os sábados, domingos e festivos, en horario de 10.00 a 14.00 horas.


Fonte: PontevedraViva

miércoles, 13 de febrero de 2013

RUTAS DO ROMÁNICO MANTERÁ A SUA ACTIVIDADE CULTURAL NO SEU XXXI ANIVERSARIO






A Fundación Cultural Rutas do Románico manterá a súa notable actividade cultural no seu XXXI aniversario. Así o explicou o seu presidente, José Antonio Rodríguez Mouriño, na presentación da súa nova publicación. Un libro que, como vén sendo habitual, virá acompañado dunha ampla programación cultural que se desenvolverá nos próximos meses en diferentes escenarios da cidade de Pontevedra.
Unha revista que responde, dixo Rodríguez Mouriño, "a la voluntad y trabajo de la fundación y de todos aquellos que, un año más, deciden colaborar y que partiendo de cero apuestan por poner de pie con el mismo entusiasmo que el primer año, un proyecto cultural que en la medida de nuestras posibilidades difunde el amor y el respeto por las diferentes manifestaciones culturales".
Por iso é polo que tras destacar que nesta revista da Fundación Cultural Rutas do Románico "escribe gente muy importante, lo que le ha convertido en todo un referente a nivel internacional", o presidente do organismo anunciase que, en marco desta programación, mantéñanse os xa clásicos ciclos de conferencias, entre eles o dedicado a San Rafael Arnaiz Barón, patrón da fundación, que terá lugar o 15 de marzo no Museo de Pontevedra.
Ademais, organizarán un ciclo de charlas sobre a Arte en Galicia (18 e 19 de abril) e o XV curso internacional sobre O Camiño de Santiago e a Arte (9 e 10 de maio), ambos no sexto edificio do Museo de Pontevedra.
En canto aos concertos, Rutas do Románico programou nove citas, a primeira delas xa o pasado 8 de febreiro. Entre as próximas actuacións destacan a coral Thalassa (22 de febreiro) que cantará na Igrexa de San Francisco, así como outros sete concertos que se celebrarán no Teatro Principal entre o 7 de marzo e o 31 de maio.
Trátase dunha completa programación que, como destacou o alcalde, Miguel Fernández Lores, "axudan a afianzar a oferta cultural da cidade". En todo caso, o rexedor capitalino lamentou que, debido a unha serie de circunstancias a Fundación renuncie a organizar as súas tradicionais saídas cicloturísticas por Pontevedra e a súa comarca e que, sinalou, "permitían achegar o noso entorno a moitos cidadáns".

Fonte: PontevedraViva

lunes, 11 de febrero de 2013

MUSICA DE AGORA PARA A ROSALÍA DE SEMPRE




A rapeira AID

Pontevedra xuntará por primeira vez nun escenario a dúas das grandes revelacións da música galega actual, a rapeira Aid (que publicou no 2012 o disco libro Rapoemas, con versións rapeadas de poemas rosalianos) e Sés, que está a ter unha grande proxección no panorama musical galego despois da publicación do seu primeiro disco.
A cita será o venres 22 de febreiro no marco dun acto literario musical organizado pola Concellaría de Cultura para conmemorar a data de nacemento de Rosalía de Castro, que se celebra no 24 de febreiro e que figura no calendario das letras coma Día de Rosalía.
O festival será conducido pola actriz e cineasta Comba Campoy e na parte literaria destaca a participación de representantes de diferentes xeracións: a pontevedresa Elvira Riveiro, autora de varios libros; a xovencísima Rosalía Fernández Rial, e autores de longa traxectoria como Anxo Angueira ou Marga do Val.
SÉS
A conmemoración ten un significado especial por coincidir cos 150 anos da publicación do libro de poemas Cantares Gallegos (1863), obra que sentou as bases do Rexurdimento cultural e literario do século XIX.



Fonte: PontevedraViva

lunes, 4 de febrero de 2013

EXPOSICION SOBRE AS NOSAS ILLAS EN PONTEVEDRA






As Nosas Illas. Rías Baixas. Cartoteca Provincial. Ese é o nome da peculiar exposición que a Deputación de Pontevedra inaugurou fai unhas semáns no Arquivo Provincial, situado na rúa Pai Amoedo de Pontevedra. A mostra, que pretende poñer en valor a riqueza das illas atlánticas, permanecerá aberta ao público ata o próximo 15 de febreiro de 2013 e a súa exposición artéllase en dúas salas.
Na Sala A móstranse representacións das illas a través da cartografía e das fotografías aéreas realizadas na actualidade e as que teñen unha orixe anterior. Mediante eses recursos poderemos ver a evolución de Sálvora, Arousa, Cortegada e A Toxa, na ría de Arousa; Ons e Tambo na de Pontevedra; e Cíes, San Simón e Toralla, na ría de Vigo.
Completan esta sala unha serie de instrumentos empregados para a navegación, a observación de astros e a realización de cartografía do século XIX e principios do XX e os relacionados co súa utilización e do uso da biblioteca, respectivamente.
A Sala B está dedicada integramente ás illas que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Estas illas foron declaradas Parque Natural en 1980 e están incluídos, xunto cos arquipélagos de Ons e Cortegada, na provincia de Pontevedra, e o arquipélago de Sálvora en A Coruña, no parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dende o 1 de xullo de 2002, data da súa declaración.
Nesta sala, ademais, o Arquivo Provincial expón material cedido por outros organismos e institucións públicas e paneis con distintos aspectos xeolóxicos, históricos ou paisaxísticos, entre outros, destas illas.
Na súa inauguración, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, afirmou que "as illas e as Rías Baixas son un paraíso terreal e unha imaxe de marca da provincia cun valor de identificación, prestixio e calidade de primeiro orde". Asegurou que son "unha fonte de riqueza" e, por estas razóns, sinalou que é unha obriga das institucións poñelas en valor constantemente "aínda que, ao longo da historia, este valor estivo sempre presente".


Fonte: PontevedraViva