Mostrando entradas con la etiqueta Opinión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Opinión. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de enero de 2013

O pequeno comercio

En referencia ás declaración realizadas por Marcos González, presidente dos comerciantes de Cambados e do consorcio de comercio do Salnés, nas que denuncia a situación de gravidade extrema pola que está a pasar o pequeno comercio e anuncia mobilizacións, o BNG quere manifestar que comparte gran parte dos seus argumentos.

O pequeno comercio está a pasar por unha situación límite que é debida a varios factores. Sen dúbida o primeiro factor é que as políticas que está a desenvolver o PP (en Madrid, en Santiago e en Cambados) están a levar ao empobrecemento da cidadanía. Se as políticas consisten unicamente e subir os impostos, baixar os soldos e as pensións e abaratar o despido, o único que se consigue, como se está a demostrar, é crear pobres e os pobres non poden comprar no pequeno comercio (nin en ningún outro sitio). Este é o principal problema polo que está a pasar o pequeno comercio, pero non o único.

domingo, 13 de enero de 2013

“PARA SERVIR E PROTEXER” HISTORIAS DE POLICIAS (CAMBADESES)

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Fai pouco mais de dous meses neste mesmo blog, Xaquín Charlín  facía referencia nun breve pero interesante artigo ao importe
total imposto en multas pola policía local de Cambados no período comprendido entre agosto e outubro de 2012 e que ascendía a uns 30.000 euros e deixaba ao xuízo do lector se era pouco ou moita dita cantidade para tal período de tempo (a min, persoalmente,paréceme excesivo) ; tamén no Salnés foi e é moi sonado o enfrontamento que leva a cabo a totalidade do persoal da policía local do O Grove co seu edil de seguridade cidadán, o cal acusaba aos axentes de poñer poucas multas e estes ao edil de premelos para que multasen mais, baixo ameaza de que repercutiría negativamente no cobro das horas extras.    

sábado, 5 de enero de 2013

Louzán e cando as barbas do veciño vexas......



Sorpréndennos estes días as actuacións xudiciais contra José Luis Baltar, non polo delito en sí, colocar a dedo a centos de persoas senón porque se tardara tanto en facelo. Máis de 20 anos como presidente da Deputación de Ourense e a xustiza entérase agora, a xente xa chegou a pensar que era "normal" ou dito doutro xeito "legal" eso de darlle traballo aos amigos.  Pero non nos metamos coa xustiza, xa sabemos que é lenta e tirando novamente de refráns, máis vale tarde que nunca.

Pero do que nos interesa falar neste blog é doutro presidente de Deputación, Rafael Louzán, vós xulgaredes se hai paralelismos entre estes dous personaxes. Para facer un artigo serio puxémonos a buscar en internet e hemerotecas o que se di del e atopamos xoias como estas:


Di a wikipedia que Rafael Louzán Abal é un político e empresario galego. O de empresario non o sabiamos. Eu sigo sen entender como se permite ter un cargo público e exercer unha actividade empresarial a un tempo se ademais temos en conta que se iniciou na política antes que na empresa dado que a súa primeira profesión foi a de conserxe no Concello de Ribadumia. 


Precisamente das súas orixes fálase no  xornal El País, que publicaba no 2001 un artigo titulado:  "Una 'sorpresa' poco sorprendente. La detención de un alcalde rememora la viejas conexiones de dirigentes del PP gallego con el contrabando". Nel fálase de José Ramón Barral Martínez, "Nené", ex-alcalde de Ribadumia, forzado a dimitir ao seren acusado de contrabando de tabaco e blanqueo de capitais. Dise del no artigo que:

" hace tres décadas fue uno de los principales introductores del contrabando a gran escala en la ría de Arousa y con él se iniciaron en el negocio muchos de los que andando el tiempo se convertirían en los grandes capos del narcotráfico en Galicia. Por eso, a los vecinos de Ribadumia -que, pese a todo, le apoyan mayoritariamente- no les sorprendió la detención. Por lo visto, sólo al PP gallego lo cogió desavisado. Entre los que se declararon más sorprendidos por el arresto de Nené está el presidente del PP de Pontevedra, Rafael Louzán, quien en los últimos años ha trabajado al lado de Barral hasta protagonizar una fulgurante carrera política: comenzó como ujier del ayuntamiento de Ribadumia -del que sigue siendo concejal- y llegó hasta vicepresidente de la Diputación y líder provincial del partido. A Louzán no sólo le sorprendió la detención sino el descubrimiento de que durante dos años había figurado -sin él saberlo, según dice- como consejero de una de las empresas de Nené. Louzán sí admitió haber sido unos meses socio de otra firma propiedad de Feliciano Barral, hermano del alcalde, presidente local del PP y detenido también en la operación anticontrabando del lunes".
Fixádevos que pese aos estreitos lazos entre Louzán e Nené,  este ficou moi sorprendido da súa detención e incluso descubriu que formaba parte sin sabelo do consello de administración dunha empresa de Nené. Así se debeu de iniciar no mundo da empresa, sin sabelo. Tamén sin sabelo se debeu de convertir nesa especie nova, endemismo propio da comarca da Arousa onde se mestura o Cacique tradicional do que tanto falou Cabanillas, que reparte favores a cambio de votos e o contrabandista que recurre a técnicas mafiosas. Un híbrido altamente perigoso.

Outro artigo do País do ano 2007 é tamén  moi esclarecedor:  "Parientes y amigos de Louzán copan puestos en la Diputación de Pontevedra. Sólo de Ribadumia, pueblo natal del presidente, hay más de 40 contratados". Lémbravos a alguén?.

Hoxe os xornais tamén falan de Louzán xa que conseguiu que Mariano Rajoy inaugurase o sexto edificio do Museo de Pontevedra que por certo xa estaba feito dende o 2008. Boa manobra ao meu entender deste raposo da política que se fai fotografar co Presidente do Goberno, que por certo o precedeu como Presidente da Deputación, co presidente da Xunta e a presidenta do Parlamento, é dicir os máis altos cargos institucionais. Bo antídoto para que o partido e o Goberno o defenda a capa e espada no caso de que  algún xuíz ou fiscal de repente se dea conta de que poñer a xente a dedo na Deputación (entre outras moitas cousas), nin é normal, ni  é legal.





Conduce a moto Rafael Louzán, detrás del está o ex-edil do PSOE de Gondomar, Manuel Gómez,  que deixou o partido para apoiar un cambio de goberno na vila pontevedresa en favor do PP. Parece ser que é o propietario da colección de motos antigas que o Museo de Pontevedra exhibiu fai uns meses

lunes, 10 de diciembre de 2012

A propósito del cierre de Conservas "Cuca" (Completo)



   Aún hoy recuerdo la primera vez que me conecté a internet. Fue en la oficina de mi padre hace ya unos cuantos años, y todo contento imprimía desde el ordenador una foto de Michael Jordan de la web de Chicago Bulls. Me parecía algo mágico. Aquello de poder encontrar lo que quisiera a golpe de click era algo que no podía ser de este planeta. También recuerdo pasarme algún sábado con el biólogo de la empresa, jugando y haciendo túneles con canutillos de cartón para los ratones de laboratorio, los cuales acabarían por sufrir el cruel destino de ser los primeros en probar todos los componentes de las conservas, por el bien de nuestra salud claro. Sin duda, unos héroes a los que no les reconocemos el mérito. Pienso en el día en que me colé en la sala donde un par de señoras hacían en unas cubas la salsa que llevarían las zamburiñas o mejillones en las latas durante una visita guiada sin que se enterase la pobre encargada de enseñarnos el proceso de fabricación artesanal de la conserva a mi y a otros tantos curiosos o turistas, y, muy amablemente, me ofrecieron un trozo de pan, con lo que me puse a "hacer sopas" allí mientras charlaba con ellas. De todo esto evidentemente mi padre no se habrá enterado todavía.  Me hace gracia recordar con la cara que me miraba la gente cuando me pasaba por las oficinas y escuchaba "es el hijo del de administración". O la forma de saludarme de uno de los jefes de la oficina por primera vez, tan altivo y prepotente que yo, en mis inocentes 13 años, me dieron ganas de pegarle una patada en esa zona tan sensible que tenemos los del género masculino. También recordaré siempre llamar por teléfono preguntando por mi padre y siempre se daban dos situaciones. La primera, que la telefonista me conociese y me empezase a preguntar que tal me iba en el colegio o instituto, o, en segundo lugar, que no me conociese y dijese que mi padre estaba ocupado o en una reunión. Yo, en este segundo caso insistía y le decía quien era, entonces normalmente me pedían disculpas. Como olvidarme también del hilo telefónico en espera, una música que con el paso del tiempo cambiaron creo que un par de veces, una de esas melodías de ascensor, pero que al final acabé por querer que mi padre tardase en coger el teléfono, porque nunca sabía como terminaba dicha cancioncita. Seguro que era una melodía en bucle. O no. Ya no lo sabré.

lunes, 12 de noviembre de 2012

OPINIÓN. PREMIO RAMÓN CABANILLAS. O CONCELLO NON SE ENTERA

Xa comentamos fai uns días respecto á concesión do Premio Ramón Cabanillas polo Concello de Cambados que había unha confusión nas notas de prensa sobre as persoas que conseguiran o premio en edicións anteriores. Pensamos que o lío  tíñano os xornalistas pero hoxe vimos a páxina web do Concello e persiste o erro. Segundo a páxina oficial do Concello levaron este premio Luís Rei, Manolo Paz (ata aquí todo ben) e Miguel Fernández Cid, postos en comunicación con este último nin el mesmo sabe da concesión deste premio. Señores do Concello a ver se se aclaran, que eu saiba deron o premio Ramón Cabanillas por vez primeira en 2010 ao escritor Luís Rei e no 2011 ao escultor Manolo Paz e neste 2012 á UNED. Miguel Fernández Cid non tivo o pracer de recibilo ( de momento). Maribel Iglesias.

Foto tomada do Faro de Vigo. Autor: José Luis Oubiña.

lunes, 1 de octubre de 2012

OPINIÓN: UN MARIÑEIRO CALQUERA

"Pola regatela"
Ramón Caride.

Animouse de novo o noso amigo, e ben que o agradecemos, a escribir outra vez nesta humilde (pero ambiciosa) publicación que é o blog da nosa asociación. Semella que aos grandes gústanlle as cousas pequenas.
  
Un mariñeiro calquera

Nestes meses de verán estiveron expostas no Pazo Torrado de Cambados varias obras de Manuel Quintana Martelo: debuxos, pinturas, esculturas e fotografias, todas centradas na figura de Manuel Viñas, un ata agora descoñecido mariñeiro de Poio que con esta exposición se convirte nun símbolo da xente traballadora de entre nós, nestes tempos tan castigada e esquencida. Quintana Martelo demostra que, mesmo tendo estudio en Nova York, non é preciso buscar temas nin paisaxes tan lonxe, que a paisaxe física e humana, particular e nosa, é tan válida coma o de calquera sitio para facer arte. Ensina que a arte é unha mirada, unha sensibilidade, un xeito de ollar o inmediato para facelo mellor e transcender a apariencia. As eivas: as limitacións do lugar e os horarios de visita -so póla tarde mesmo en agosto-. O Pazo Torrado ten uns espazos cativos para exposicións deste tipo; isto fai que, como pasou antes coa antolóxica de Asorey e noutras ocasiós, teñamos que nos conformar cunha version reducida respecto ao que se poderá ver en Santiago ou noutros lugares.

Entrementres: o gran atractivo turístico de Cambados, o conxunto de Fefiñáns continua infrautilizado. O que debera ser o centro cultural, referente e escaparate de Cambados e de todo o Salnés, e punto de encontro da cultura, sigue a velas vir, por falta de interese, de imaxinación e de competencia dos nosos políticos programadores. Os turistas seguen chegando, pero á parte de mini-museos e de iniciativas particulares, vanse cunha imaxe probe da cultura cambadesa. Adúcese a falta de diñeiro, pero hai diñeiro para o deporte-espectáculo, tantas veces embrutecedor e alienante, e para actuacións musicais que ás veces semellan restos do passado, cando non patéticos intentos de querer e non poder.

Os nosos artistas, fotógrafos, cineastas, músicos, actores, pintores, e tantos máis deben seguir o camiño da emigración, a ver se os aprezan de rebote aquí após buscar a vida fora, e desde logo nunca se ven reflectidos nestes festexos que se reservan para os alleos, canto máis pachangueiros mellor. Non pasa só en Cambados, en Vilagarcía o esforzo de José Luíz Oubiña e de Miguel Riopa organizando un festival de fotografia senlleiro a nível da península, como é o Proxecta, ao que acuden fotógrafos de todo o mundo, que fai aparecer á cidade en moitas páxinas de prensa, vese con serias dificultades, e só o mantén a pura vontade, o amor á arte. Os mesmos organizadores e os seus familiares deben abrir as exposicións, colgar as fotos, ou montar a pantalla para as proxeccións, co seu orzamento reducido a un terzo do de hai dous anos, e ignorado polas autoridades municipais... Os exemplos poderían multiplicarse. Nada para a cultura, todo para o fútbol, as orquestras panorámicas e as comilotas. Haberá que lembrar que a confusión entre cultura e espectáculo non é cousa de agora, senón un invento dos rexímenes autoritarios, lembran?

Parece que a cultura é un luxo, a verdadeira, a cultura que conmove e fai pensar. Pero é nin máis nin menos que a diferenza entre a humanidade e a barbarie. Se non valoramos –aos feitos me remito- aos artistas que temos entre nós, se estragamos o noso patrimonio, que lle venderemos ao turismo? Sol e praias, pero sol non temos tanto. E tampouco moita cabeza. Parece que a nosa querida clase política -esa que seica non existe como tal fora dos delirios de algúns iluminados que non estamos no mundo-, parece que decidíu que canto máis burros mellor, e para que gastar en cultura se pensar só trae problemas.

Remato cun episodio verídico: cando se lle adicou, hai uns anos o dia das letras galegas a Rafael Dieste, un comercial dunha editora galega pediu ver a un alcalde desta nosa ría de Arousa para presentarlle un proxecto de libro sobre o autor homenaxeado. Con esta intención, o comercial espúxolle á secretaria deste alcalde o asunto –a moza era nova, ainda que como veredes, sobradamente preparada- O comercial escoitou como a secretaria entraba no despacho e lle transmitía o asunto ao alcalde, ao seu xeito: Señor Alcalde, está aqui Rafael Dieste, que le quiere hablar de un libro suyo. Ao que o rexidor contestou, sen inmutarse: Hágalo pasar. A todo isto, Rafael Dieste levaba morto máis dunha década. Pero claro non había perigo de que o leran calquera destes dous, nin de vivo nin de morto. Así andamos.

ADDENDA

A miña anterior e primeira colaboración neste espazo que me brindan os amigos de Asoblog tivo un eco insospeitado. A respecto das variadas reaccións a ese anterior artigo, só duas mínimas precisións:

Primeira: Non estou porriba do ben e do mal, nin o pretendo. Facer, durante parte do meu tempo, literatura de ficción non me inmuniza contra nada. Os meus problemas e cabreos son os mesmos de calquera, non escribo desde ningunha torre. Podo equivocarme. Outros tamén.

Segunda: Sacralizar calquera cousa é a mellor forma de que deixe de ser útil. A esquerda tamén ten problemas. Como dixo un coñecido escritor: “é máis doado atopar chivos expiatorios que pescudar razóns”. Polo demais, as ortodoxias e os dogmas de fe están moi ben... para a Teoloxía.

martes, 11 de septiembre de 2012

NORA BOA ASOBLOG


Nora boa  ás persoas que nos permitirán gozar dun novo blog en Cambados. É saudable que os bos exemplos  prendan na xente e iso é o que acaba de ocorrer coa creación do novo blog de Asoblog.
O novo espazo que pode abrir internet no mundo das comunicacións debe ser no beneficio de todos e todas e permitir, como neste caso, que cambadeses e cambadesas poidamos gozar dunha nova canle de opinión e información. Somos privilexiados en canto a isto no noso pobo e neste caso aínda máis. E afirmo que aínda máis, porque Asoblog está constituído por un grupo de persoas con diferentes sensibilidades e puntos de vista que son capaces de entenderse e marcarse un obxectivo común; unha comunicación que chegue a todos/as, que sexa veraz e que no seu conxunto transmita a maior imparcialidade. O importante é comunicar e comunicarse.
Se o nacemento de Asoblog foi bo en si mesmo por canto serviu para xuntar a un grupo de persoas con diversas inquedanzas, a creación do seu novo blog significa que Cambados está máis vivo e activo ca nunca.O nacemento deste novo blog temos que celebralo todos/as porque enriquece e activa a vida no noso pobo e, ademais, porque nos permitirá ter un maior coñecemento de nos mesmos e do pobo no que vivimos.
Nora boa Asoblog e que cunda o exemplo no beneficio de todos e todas.
VICTOR CAAMAÑO RIVAS, PORTAVOZ DO BNG DO CONCELLO DE CAMBADOS.

viernes, 7 de septiembre de 2012

SER FUNCIONARIO


Non é fácil ser funcionario. Ten moitas dificultades. Tamén ten vantaxes. Pero as dificultades están moi por encima dos beneficios. A primeira dificultade é conseguir o posto. A quen denigran aos funcionarios, hai que dicirlles: ?Apúntache, aí telo? Empeza a loitar por conseguilo. Outra dificultade engadida, neste momento, é aguantar unha inxusta campaña, que desde certos sectores organizouse en contra do funcionariado. A maior parte das veces con mentiras e falsidades. Desde sectores políticos que aproveitando o paso do río Pisuerga, atacan a todo o que teña perfil público, porque lles gustaría que esa función desempeñásena empresas privadas controladas por eles mesmos. 
Estamos oíndo desde certos políticos e certos medios de comunicación que unha das causas da crise está no número insoportable de funcionarios. ?Non se pode aguantar que España teña o dobre de funcionarios que Alemaña? Oírono, verdade? Pois é falso. Dos 27 países que forman a Unión Europea, teñen menos funcionarios que España, en relación ao número de habitantes, só 4 países: Chipre, Portugal, Italia e Austria. Os outros 22 teñen máis funcionarios que España. 
España está por baixo da media europea en número de funcionarios. Hai moitos criterios á hora de medir o número de funcionarios, o que facilita a aparición de manipuladores. A fonte máis fiable e recoñecida, é a de ?Eurostar?, que establece o número de habitantes atendidos por cada funcionario. Dinamarca, o país con maior número de funcionarios, cada un atende a 5,82 habitantes, Francia a 9,44, Alemaña a 13,66, España a 15,02, e Austria con menos funcionarios, atende a 17,91 habitantes. 
É falso e falaz que sexan moitos e que non fan nada. O número de funcionarios é insuficiente para a dignísima e mal paga función que desempeñan. Quen queira que compare o soldo dun funcionario e un empregado privado, do mesmo nivel de estudos e esixencia laboral. Quen queira que compare a dificultade para entrar a desempeñar un posto na función pública, e un equivalente na privada. No momento en que máis avanzaramos no prestixio da función pública, aparecen os ?salvapatrias? culpando aos funcionarios da crise. 
Julio García-Casarrubios Sainz

sábado, 1 de septiembre de 2012

A pobre democracia municipal


O pasado xoves asistín ao Pleno da Corporación de Cambados en calidade de oínte (pois todas as sesións do órgano representativo municipal son públicas). Non é primeiro pleno ao que acudo, nin será o último. A pesar de que foron moitos os que, antes da eleccións municipais, louvaron a Luís Aragunde polo seu “talante” diferente, eu non vin que tralo paso do tempo as actitudes dos edís e dos alcaldes do PP se diferencien demasiado.

Obviamente sempre hai cambios que se desprenden das personalidades de cada un; Cores Tourís foi, é, e atreveríame a dicir (oxalá me equivoque) que será un perfecto maleducado. Foino nos plenos pero tamén fóra deles, fomos moitos os que sufrimos a súa insolencia e o seu carácter sectario persoalmente. Aragunde prometíase diferente pero, ao fin e ao cabo, o sillón da Alcaldía e a maioría absoluta rematou por convertelo en algo semellante. Continuas interrupcións aos edís da oposición (resulta moi curioso que o volume do micro do alcalde, estea ademais, máis alto que todo o resto...), normalmente burlescas, faltas de respecto dos concelleiros do PP como saír a fumar no transcurso do debate, pasarse a sesión escribindo no móbil, aplaudir, rirse... Unha pequena mostra tentei reflectila no resumo do último pleno, nun vídeo no que se lle escoita ao alcalde respostar ao concelleiro do BNG: “non me jodas, Víctor” entre risas dos seus edís; ou cun audio dunha rastreira chamada de atención do alcalde ás “faltas de ortografía” dos escritos do Partido Socialista.

Fóra disto, a democracia municipal representada nos Plenos é ben probre. Estas sesións, onde está representada a soberanía do pobo de Cambados, están limitadas en contidos. Primeiro, e isto é algo que eu descoñecía, porque entre os tres grupos só pode presentar catro mocións para o debate. O resto ha de ser presentado como preguntas ao goberno. Estas preguntas non dan lugar a debate, tan só son respostadas por Aragunde con escuetos “si”, “non”, “xa veremos”... E en moitas ocasións tamén bota man de “precisamos aínda documentación para poder responder”. Isto fai que temas como o do Pinal da Maza, que poderían ser constituíntes de irregularidades de tipo urbanístico que beneficiaron a un concelleiro do PP ou ao ex alcalde Tourís, leven desde Maio sen ser aclarados.

En Cambados, ademais, celébrase o mínimo de sesións de Pleno que marca a lei: tan só se celebra un cada dous meses. E o resto de temas, como se aproban? En Xunta de Goberno, algo así como o que sería o “Consello de ministros” a nivel Estado. Esas reunións, a diferenza dos plenos, non son de carácter público, é dicir, ti e mais eu non podemos acudir a elas. En teoría empregaríase para que o goberno local desenvolva o seu día a día executivo, pero na realidade cambadesa este órgano é empregado para evitar que temas espiñentos cheguen ao Pleno, onde están todos os concelleiros –tamén da oposición- , a prensa, e a cidadanía que queira acudir. Respecto ás Xuntas de Goberno, o Concello ten que enviar as actas do que alí se decide á oposición, pero aínda que a lei marca un prazo máximo de 10 días para isto, xa van varias veces que o retraso acumulado é de máis de catro meses. O Valedor do Pobo tivo que actuar en varias ocasións ante denuncias do BNG, xa que cun Pleno cada dous meses e sen actas de goberno, o labor da oposición perde toda a súa capacidade.

Eu levo anos mantendo que Cambados precisa un cambio. Un cambio tamén político, por suposto. A necesidade deste cambio non só vén dada por cuestión programáticas (cambio nas políticas de contratación, peonalización do casco histórico, saneamento da costa, mellora da situación económica, dos programas culturais -ou coolturais como lles chama Aragunde-, da Festa do Albariño...). O cambio ten que traer en primeiro lugar outra forma de actuar por parte do goberno local. Comecemos polas cuestións éticas para logo trocar as políticas. Máis transparencia, non só cumprir os prazos de entrega da documentación á oposición senón melloralos e poñer a disposición da cidadanía por medio da páxina web de cantidade de información; máis debate, dobrar polo menos a cantidade de sesións plenarias e aumentar se é posible as mocións a presentar; novas  formas, rematar con xestos que pouco teñen que ver coa democracia, con expresións burlonas e outras faltas de respecto.

Que a xestión do goberno local sexa positiva depende de moitos factores, pero cambiar as formas na política municipal só depende da vontade de cada quen. 


Óscar Pardo-Planas

A ESTATUA TRAS DA REIXA

Na estrea deste novo blog temos a un escritor convidado, Ramón Caride Ogando que vive e traballa en Cambados.



Pola regatela
Ramón Caride

A estatua tras da reixa

  Escribiu Oscar Wilde en De Profundis: As cousas importantes da vida acostuman a ser o que parecen ser, pero as pequenas cousas son símbolos, a través delas recibimos as leccións  máis amargas con maior facilidade, e a través delas a vida revela a súa esencia, no que ten de sublime e tamén de ridículo. Como don Manuel Fraga Iribarne naceu predestinado a ser estatua, ou case (lembremos que aló polo 1959, e xa choveu, inauguraba o Valle dos Caídos, sunmun da estatuaria oficial, ofensa á intelixencia e ao bo gusto, na compaña do Generalísimo –superlativo que sería chocalleiro senón resultase tráxico ao cabo das décadas-). Como naceu para estatua, dicimos, unha estatua súa non debía acadar a categoría de sublime, pero en Cambados, coa axuda do señor Luís Aragunde, a estatua, unha estatua tras da reixa do Pazo Torrado, acada o nivel de símbolo, do símbolo dun ridículo. Tras da reixa, a perda da rúa polo homenaxeado faise aínda máis evidente. Se era tan popular, e todos o queriamos tanto: para que agachalo?, e se non o era: para que poñelo?
  Seguramente sen pretendelo, o señor Luis Aragunde colocou ao señor Grande Mestre do Capítulo Serenísimo no seu lugar natural: o pazo. Non sexa que se mesture coa chusma. Á dereita española prívanlle os pazos, as estatuas e os touros. Como explicar senón que o IVE para as corridas de touros sexa o 8%, e para o cine ou o teatro (xa non digamos para a luz ou para os iogures) sexa o 21%? É doado de explicar: os touros requiren valor, o valor dos esfarrapados, sen medo a morrer porque más cornás da el hambre, e ademáis hai moita tradición neles. Xa os pintaba Goya –tamén pintaba fusilamentos, de aí que pidan a pena de morte outra volta tamén- Pero a verdadeira tradición dos touros son os señoritos, os que miran a corrida fumando un xaruto desde a tribuna de sombra. De aí que Arias Cañete e o Rei estivesen nos touros mentres ardía o parque natural de Garajonay, a tradición di que os homes de peso deben ver os touros e os incendios con perspectiva. O mellor dos incendios, para os señoritos, é que deixan ben limpos os montes para as cacerías. As cacerías tamén son parte das nosas tradicións, coma as procesións e o fútbol. Hai tantas tradicións que podiamos exportar algunha, a ver se a crise se mitigaba.
  O malo é que exportamos algo preciado: os mozos e mozas mellor preparados do Salnés están emigrando fóra ante a falla de perspectivas. O malo é a clase política que padecemos, tan contentos todos ante o adianto electoral, uns porque queren salvar a maoría mínima e o carghiño antes de que a economía empeore máis; os outros porque o adianto electoral vén fixar inimigo común e consolidar os, por agora, precarios liderazgos nuns partidos de esquerda que conservan diso o nome. Uns e outros ven normal o éxodo da xente nova máis preparada, mentres quedan os sumisos e as estatuas, os que menos estorban. A política pode ser unha actividade nobre, pero non un modo de vida. Non debía selo. Hai que repatilo, subir no carro nas xuventudes dun partido con menos de vinte anos, e pasar a vida dentro do seu aparato fai perder o contacto coa realidade, á forza. O sistema está viciado: estamos pagando as farfulladas dos que seguen cos petos cheos, as nóminas intactas, e a cara dura, mentres nos din que non hai alternativa. Ninguén revisa ningunha xestión, ninguén pide contas. E por suposto, a clase política entende que non ten porque dárnolas. O diñeiro estragado, ou directamente roubado, non se devolve. Nin patacón. Os impostos indirectos –e os directos- esmágannos aos de sempre. Pero ás grandes fortunas, ou as exencións á igrexa,  nin tocalas. Pan e circo, xa o dicían os romanos. Ou como din os paisanos: se non hai pan veña viño, e se pode ser albariño, mellor.