Mostrando entradas con la etiqueta O Grove. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Grove. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de octubre de 2013

Baixamar en Lordelo (O Grove) (130x97) (IX-2013)

A luz que se atopa no barrio de Lordelo (O Grove) é moi semellante á que gozamos en San Tomé, por iso é un dos meus recantos preferidos desa vila.

domingo, 20 de enero de 2013

Película de Cambados e O Salnés en 1959, "Galicia al día"

Armando Hermida Luaces foi un emigrante ourensán na Arxentina que fixo fortuna como comerciante de cacao. Mercou unha cámara de cine e nas viaxes que facía a Galicia rodaba material que logo montaba na Arxentina e proxectaba alí para os seus paisanos. Destacan dúas obras: "Galicia al día" un percorrido polas catro provincias galegas e "Alma Gallega". A través da web de Vivir Cambados enterámosnos da existencia do primeiro dos documentais citados que foron colgados en you tube por Abel Sineiro e tirando do fío en internet reunimos esta documentación. A cinta orixinal consérvase no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

A película da provincia de Pontevedra é de 1959 e dura 51 minutos. Empeza falando da cidade de Pontevedra e logo de Marín, Redondela, Mondariz, Vigo, Baiona... E a partir do minuto 36:15 empeza a falar de Cambados, e a continuación do Grove (41:34) e de Vilagarcía (44:36). Continúa con Pontecesures, Portonovo, Sanxenxo, Padrón, Caldas, Cuntis, A Estrada e remata co Pazo de Oca e Lalín. En definitiva un documento moi interesante. A continuación podes vela íntegra ou o fragmento referido a Cambados collido do canal de you tube de Abel Sineiro.