Mostrando entradas con la etiqueta literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta literatura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de febrero de 2013

14 SALON DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL EN PONTEVEDRA







Acto de presentación

O mundo dos libros para os máis novos da casa volve a ter o seu espazo en Pontevedra. Conscientes da importancia de estimular a lectura entre a poboación estudiantil o Concello de Pontevedra volve a organizar unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Esta décimo cuarta andaina leva por título A Toda Máquina, e precisamente o mundo da locomoción terá moito que ver na ambientación do Pazo da Cultura de Pontevedra durante o desenvolvemento desta feira, do 2 ó 23 de marzo.


Malia contar cun orzamento algo máis reducido ca na edición anterior, o Concello decidiu non sacrificar a gran cantidade de contidos e intensidade de eventos reducindo a prolongación do mesmo, -este ano contará cunha semana menos-, e a sona dalgúns dos actuantes.

Neste salón, adicado este ano á traxectoria da escritora Marilar Aleixandre, encontrarémonos actividades para tódalas idades: desde novidosas postas en escea para presentación de libros, ata obradoiros, espectáculos musicais, espazo de videoxogos e mesmo exposicións; como unha da Escola de Canteiros de Pontevedra ou unha da Asociación Galega de Ilustradores.

Amais, como non, haberá teatro. Como novidade este ano o salón abrirá as súas portas os domingos pola tarde. Este lobo será o encargado de pregoar as excelencias deste salón. Mañá dirixirase a Santiago en tren para convidar ós escolares da Capital de Galicia a asistir ó mesmo; ó igual que fará tamén na Cidade do Lérez.