A valoración que facemos na Asociación Cultural Asoblog Salnés do evento organizado o 30 de decembro pasado é moi positiva, traballouse arreo con escasos medios pero con moita e desinteresada colaboración e conseguíronse moi bós resultados.
A continuación tedes un resumo do que dou de si o evento: videos, fotos, aparición na prensa, reseñas en blogs....
Este video elaborado polo noso compañeiro blogueiro, Manolo Busto, anque algo caseiro debido aos pobres medios materiais que tiñamos, pode dar unha idea do que foi o evento a quen non asistiu:
Este outro feito por Eduardo Apariz (fillo) xa ten un toque máis profesional e fai fincapé sobre todo na deseñadora Eva Soto e na modelo Alessandra Apariz (a súa irmá).
Se clikas na fotos inferiores poderás ver as fotos feitas por Eduardo Apariz (pai):
As do fotógrafo Julián Calvo
E as do noso compañeiro blogueiro Marcos Escudeiro Vieites colgadas no facebook:
De Marcos seleccionamos estos estupendos collages: