No baixo da casa tiña a familia o seu negocio de telas e logo tamén nun anexo unha fábrica de xabóns que acabarán vendendo a Antonio Gelpi (xenro de Antonio Asorey). En 1895 a casa será vendida tamén a uns comerciantes de panos de Vilagarcía (familia de Simeón García de la Riva) cos que a familia tiña unha importante débeda. Pouco despois vendeuse de novo a un comerciante francés, León Anatole Del Valle, que pasaba os veráns en Cambados coa súa familia; a súa bisneta Enriqueta Rubio, actual propietaria da casa, facilitounos estes datos.
Mostrando entradas con la etiqueta asorey. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de marzo de 2013
HOXE FAI 124 ANOS QUE NACEU ASOREY
O 4 de marzo de 1889, ás oito da noite, nace en Fefiñáns, Cambados, Francisco Hipólito Asorey González, derradeiro fillo dos cónxuxes Antonio Asorey Rey e Elisa González González que casaran en Bos Aires en 1870 e de onde se trasladaron a vivir a Cambados (ver neste enlace a partida de nacemento). O pai, comerciante, nace na Coruña, anque ten raices nas terras do Deza, de feito o apelido Asorey ten seguramente a súa orixe nunha aldea do Concello de Vila de Cruces, próximo a Lalín. A nai é cambadesa e residen na rúa do Sol (ou porta do Sol), en Fefiñáns. En Fefiñáns tamén nacera trece anos antes (en 1876) o poeta Ramón Cabanillas.
Foto dunha postal de principios do s. XX. Á dereita da foto está a casa natal de Asorey, na chamada daquela rúa do Sol, pola súa orientación cara o sur, tamén se chamou “Calle Real” , tal como indica a postal. Hoxe é a praza Francisco Asorey na que se colocou, en homenaxe ao escultor, a réplica da escultura Naiciña feita por José Cao Lata.
No baixo da casa tiña a familia o seu negocio de telas e logo tamén nun anexo unha fábrica de xabóns que acabarán vendendo a Antonio Gelpi (xenro de Antonio Asorey). En 1895 a casa será vendida tamén a uns comerciantes de panos de Vilagarcía (familia de Simeón García de la Riva) cos que a familia tiña unha importante débeda. Pouco despois vendeuse de novo a un comerciante francés, León Anatole Del Valle, que pasaba os veráns en Cambados coa súa familia; a súa bisneta Enriqueta Rubio, actual propietaria da casa, facilitounos estes datos.
No baixo da casa tiña a familia o seu negocio de telas e logo tamén nun anexo unha fábrica de xabóns que acabarán vendendo a Antonio Gelpi (xenro de Antonio Asorey). En 1895 a casa será vendida tamén a uns comerciantes de panos de Vilagarcía (familia de Simeón García de la Riva) cos que a familia tiña unha importante débeda. Pouco despois vendeuse de novo a un comerciante francés, León Anatole Del Valle, que pasaba os veráns en Cambados coa súa familia; a súa bisneta Enriqueta Rubio, actual propietaria da casa, facilitounos estes datos.
sábado, 8 de diciembre de 2012
Artes Visuais. Aínda estades a tempo de ver aos escultores cambadeses na Cidade da Cultura
Na Cidade da Cultura inagurouse en xuño pasado unha exposición chamada Gallaecia Pétrea. Nela faise un percorrido pola escultura da Gallaecia, esa antiga provincia romana que englobaba a rexión natural de Galicia e o Norte de Portugal. A pedra en Galicia conta cunha tradición escultórica que se estende dende a prehistoria ata a época contemporánea. E nesta exposición, como non podía ser doutro xeito, están especialmente representados os escultores cambadeses. Catro dos mellores escultores galegos do s. XX son cambadeses: Narciso Pérez, Francisco Asorey, Manolo Paz e Francisco Leiro.
A exposición estaba previsto pechala este mes de decembro pero agora prorrógase ata o 31 de marzo así que se non a vistes estades aínda a tempo de ir. De martes a domingo, de 11 a 20 horas. Os mércores é gratis, o resto dos días 4 euros (reducida 2). A continuación podedes ver máis fotos:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)