Mostrando entradas con la etiqueta Cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cociña. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de diciembre de 2012

Cociña. Coello ao forno

A proposta de hoxe é con coello, unha carne moi san e que inda se pode mercar a bo prezo, ademáis pode ser unha boa proposta para o nadal, de feito na miña familia esta receita estivo presente na cea de fin de ano.

Coello ao forno


domingo, 2 de diciembre de 2012

Cociña. Cestiños de mexilóns e wakame


A de hoxe é unha proposta sinxela pero moi saborosa e pensando nas datas que se aproximan teremos un aperitivo para sorprender aos nosos convidados.

Cestos de mexilons con wakame

lunes, 26 de noviembre de 2012

Cociña. Biscoito de plátano



Tiña polo froiteiro dous plátanos a punto de pasar a mellor vida e nada mellor que misturalos cun pouco de fariña integral para obter un desaiuno completo.

Biscoito integral de plátano 



lunes, 19 de noviembre de 2012

Cociña. Ensalada de peras e xamón ibérico

Quenda dunha ensalada que inda que estemos en novembro inda hai días de calor e con boas temperaturas que apetece un prato lixeiro e diferente, ademáis as peras e as noces están de temporada co cal as mercamos a mellor prezo.
Nesta ocasión combinamos o salgado do xamón ibérica co dulce das peras.


Ensalada de peras e xamón ibérico

lunes, 12 de noviembre de 2012

Cociña. Ensalada de ostras fritidas



Hoxe vos traigo un xeito distinto de comer ostras, fritidas, rebozadas en fariña de millo que lle dan un crocante por fora quedando moi xugosas por dentro

Ensalada de ostras fritidas

lunes, 5 de noviembre de 2012

Cociña.Crema de cabaza

Outro dos productos típicos de outono é a cabaza e por iso hoxe toca unha receita sinxela e que para os días frescos nos deixa o corpo ben agradecido



Crema de cabaza 



Ingredientes para 4 persoas

3 allos porros
500 gr de cabaza limpa
4 ovos cocidos
6 quesiños light
unhas lonchas de xamón
caldo de verduras ou auga
sal
aceite de oliva


Preparación

Limpamos a cabaza e a picamos.
Limpamos os allos porros e os picamos.

Poñemos unha cazola ao lume  cunhas gotas de aceite de oliva e botamos os allos porros picados, deixamos refogar un pouco e engadimos a cabaza picada. Refogamos un pouco e engadimos o caldo de verduras ou a  auga ata cubrir a verdura.
Deixamos cocer uns 10 minutos, engadimos un pouco de sal a gusto. Engadimos os quesiños e trituramos todo ata obter unha crema fina.
Poñemos unha tixola ao lume sin aceite e poñemos a tostar as lonchas de xamón.


Empratamos, poñemos un pouco da crema nun prato fondo, picamos un ovo cocido por riba e poñemos unhas lonchas do xamón xa crocante.

Servir quente e bo proveito.

lunes, 29 de octubre de 2012

Cociña. Chulas de calacú



Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, oucabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveirasde melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
Por eso hoxe nada mellor que facer unha receita cos calacús que seguro moitos comemos nas casas das nosas avoas e que lembraremos dunha maneira especial e os que non as comeron de cativos que non dubiden en fácelas.


Chulas de calacú





Ingredientes:

1/2 kg calacú ou cabaza
250 grs. de fariña de trigo
3 culleres sopeiras de azucre(colmadas)
1/2 sobre de levadura
2 ovos
125 ml de leite
1/2 copa de anís.


Preparación:


Por o calacú cun pouco de sal a cocer durante 10 minutos aprox.

Bater o calacú xa cocido e engadir o leito e os ovos, bater ben ir engadindo o azucre e o anís.
Engadir a fariña ata que quede unha crema consistente pero sin estar espesa, como o amoado das filloas.

Nunha tixola por abundante aceite de oliva ao lume e botar unhas mondas de limón ou laranxa para que lle saque o sabor ao aceite.  Cando as mondas estén torradas retiralas. 

Cun cazo ir botando pequenos montóns do amoado na tixola. Fritir polos dous lados e cando estén sacar a un prato cun paple absorvente para eliminar o exceso de aceite.

Por nunha fonte e botar por riba un pouco de azucre moido ou azucre con vainilla ou canela, ao gusto de cada un. 

Listas para comer.






E tendes máis receitas Na cociña de meu Avó e en La cocina de mi Abuelo. Boa semana.

lunes, 22 de octubre de 2012

Cociña. Revolto de trigueiros e cogumelos


Un revolto sinxelo pero cheo de sabor que para unha cea cun anaco de pan torrado é unha receita moi agradecida aproveitando que estamos en tempo de cogumelos, en pleno outono onde os nosos montes se enchen destes saborosos fungos.

Revolto de trigueiros e cogumelos


Ingredientes por persoa:

2 ovos
6-8  espárragos trigueiros
4-6 cogumelos
sal
aceite de oliva
pementa negra

Preparación:

Nunha tixola poñemos un poco de aceite de oliva  e poñemos a quentar.

Collemos os trigueiros e desbotamos a parte dura e o resto  picamos en cachiños pequenos, reservando as puntas. Picamos os cogumelos.

Botamos os anacos dos trigueros na tixola  e cando estén dourados botamos os cogumelos e un poco de sal. Deixamos que se fagan os cogumelos e cando estén botamos as puntas dos trigueros.

Batemos os ovos. Botamos os ovos na tixola e retiramos do fogo, vamos removendo para misturar o ovo cos trigueiros e os cogumelos e procuramos que non calle de todo o ovo.

Emplatamos e moemos un poco de pementa negra por riba.

lunes, 15 de octubre de 2012

Cociña. Pizza en rolo


Outra maneira de comer pizza, en forma de rolo, e en anacos pequenos, e que sorprenderán a calquer invitado e mesmo nos sirven como aperitivo en calquera acontecemento.

Pizza en rolo




Ingredientes:
masa follada
salsa de tomate (espesa)
lonchas de queixo mozzarella
lonchas de panceta afumada
cogumelos laminados
ourego
opcional: semillas de amapola

Preparación:
Quentamos o forno a 180º.
Estiramos a masa de follado e vamos  poñendo os ingredientes por esta orde:
un pouco de salsa de tomate,
enriba unhas lonchas de queixo,
logo unhas lonchas de panceta afumada,
espolvoreamos con ourego
e por enriba os cogumelos laminados.

Vamos enrolando dende a parte rechea ata o final, procurando que nos quede o mais apretado posible. E así formamos un rolo.
Vamos cortando toros de 1cm mais ou menos dese rolo e os poñemos enriba dun papel de forno   nunha praca de forno.
 Opcional: Espolvoreamos por riba semillas de amapola.
Metemos ao forno durante 20 minutos, ata que vexamos que a masa follada estea  dourado.

Retiramos do forno e deixamos arrefriar  e listo para xantar.

lunes, 8 de octubre de 2012

Cociña: Cazola de polbo, gambas e gulas


É raro que cando se cociña polbo sobre pero coa receita de hoxe tanto podemos aproveitar o polbo que nos sobre ou cocer un polbo a propósito para esta receita.

Cazola de polbo, gambas e gulas




Ingredientes:

Polbo cocido
gambas peladas
gulas
allo
guindilla
pementa negra
aceite de oliva

Preparación:

Nunha cazola de barro poñemos un pouco de aceite de oliva e botamos dous dentes de allo por persoa moi picados, cando empece a dourarse engadimos as gambas peladas, as gulas e uns anacos de guindilla ao gusto. Deixamos fritir ben.

Engadimos o polbo cortado en anacos e deixamos que o polbo se quente.

Retiramos do fogo e antes de servir quente moemos un pouco de pementa negra por riba.

Bo proveito

Máis receitas en: A cociña de meu Avó e en: La cocina de mi abuelo

lunes, 1 de octubre de 2012

Cociña: tartaletas de cogumelos, pementos e xarda picante



Moitas veces non sabemos que facer de cear e recurrimos aos revoltos ou a tortilla francesa, pois a proposta de hoxe é unha mistura das dúas opcións pero con pouco traballo e sen manchar case nada. Ademáis estamos en outono tempo de cogumelos e nada mellor que aproveitalos cando estan na mellor tempada e ademáis temos unha boa variedade deles e con sabores diferentes, pero lembrade que si saides ao monte a por eles procurade so recoller os que coñecedes ou que vos revisen as cestas persoas que si entenden e os saben diferenciar poís vida so temos unha.



Tartaletas de cogumelos, pementos e xarda picante




Ingredentes:

obleas de empanadillas
cogumelos
pemento vermello asado
xarda en salsa picante en conserva
ovo
leite desnatada
aceite de oliva

Preparación:

Nunha tixola poñemos un pouco de aceite de oliva e botamos a saltear os cogumelos picados. Unha vez salteadas engadimos o pemento morrón que xa temos asado e picamolo en cachos e a xarda en conserva picada. Misturamos ben.

Poñemos as obleas nos moldes e recheamos co salteado anterior.
Batemos o ovo e lle engadimos un chorro de leite desnatada. Acabamos de rechear as obleas co ovo batido.

Metemos o forno que xa temos precalentado, a 180º durante 15 minutos, ata que vexamos que o ovo este callado e as obleas douradas.
Sacamos do forno e deixamos tibiar un pouco antes de servir.

Agardo que vos gusten.

lunes, 24 de septiembre de 2012

Cociña: Peixe sapo con ameixas


Unha receita clásica pero que non debe faltar nos nosos cadernos de cociña. Sinxela pero chea de sabor, onde están presentes as ameixas da nosa ría e o peixe sapo tan habitual nos nosos mercados.

Peixe sapo con ameixas




Ingredientes:
Dous toros de peixe sapo por persoa
Ameixas
1 pataca grande por persoa.
1 cebola
fariña
1 copa de viño branco albariño
aceite
pementa
caldo de peixe o auga
sal
perexil
azafrán en fíos

Preparación:

Nunha cazola de barro cubrir o fondo coa cebola cortada en aros.
Fritimos un pouco as patacas cortadas en lascas finas e unha vez listas as poñemos encima da cebola.

Cortamos o peixe sapo en toros e sal-pimentamos ao gusto. Pasamos por fariña os toros de peixe sapo, escorrendo o sobrante. Dourar o peixe sapo en aceite quente para que quede ben selado. Unha vez dourado o peixe sapo poñerllo enriba das patacas que teñamos na cazola de barro.

Botar as ameixas a cazola de barro e  botamos o viño branco, un bo chorro de aceite de oliva e os fíos de azafrán. Botamos o caldo de peixe ou  auga ata cubrir as patacas.

Quentamos o forno a 200º e  metemos no  forno 20 minutos, baixando a temperatura a 180º.

Cando este listo  sacar la cazola do forno e esparexemos un pouco de  perexil picado.

E listo para comer. Bo proveito.

Máis receitas en: "La cocina de mi abuelo" ou na versión en galego: A cociña de meu Avó

lunes, 17 de septiembre de 2012

Copas cremosas de café e vainilla


Logo de ter un entrante e unha empanada ia tocandolle ter algo para a sobremesa e aquí está a miña proposta para hoxe:

Unhas copas moi lixeiras e que apenas teñen calorías se cambiamos o azucre glass por edulcorante ou fructosa. En pouco mais de 20 minutos temos unha sobremesa listo para gozar.

Copas cremosas de café e vainilla




Ingredientes para 4 copas:
60 ml de café forte
1 culler xenerosa de azucre glass
600 gr de queixo de untar light
1 culler xenerosa de azucre glass
1 culler de xelatina neutra en pó ou ben 3 follas de xelatina
esencia de vainilla
1/2 vaso pequeno de auga fervendo.

Preparación:

Primeiro facemos un xarope de café: poñemos a ferver o café e unha culler xenerosa de azucre glass, deixamos ata que reduza e se forme un xarope. Cando este listo deixamos arrefriar un pouco e botamos este sarope no fondo das copas.

Preparamos a crema de vainilla: Poñemos a metade do queixo xunto a  outra culler de azucre glass e unha culler de café de esencia de vainilla a quentar.
Mentres disolvemos a xelatina no 1/2 vaso de auga fervendo. Botamos a xelatina disolta na mezcla anterior e misturamos ben.
Nun bol poñemos o resto de queixo de untar e batemos ben, vamos agregando pouco a pouco a mistura anterior ata ter unha crema ben ligada.

Repartimos a crema polas copas que temos con  fondo do xarope de café. Decoramos ao gusto: con grans de café, con vainilla, con perlas de chocolate, .....
Deixamos arrefriar e listo para servir.

lunes, 10 de septiembre de 2012

Empanada de atún ou bonito



Que sería da nosa gastronomía sen as empanadas, de numerosos ingredientes pero que  sempre están presentes nas nosas romarías, festas e festexos varios, para levar a praia, para ir comer ao monte, ..... dicir empanada é pensar en comida galega.

Por iso a proposta de hoxe vai ser unha das máis clásicas de Galicia pero xa sabedes que podedes variar o recheo ao voso gusto.


Empanada de atún ou bonito


Ingredientes:
Para a masa: 1/4 litro de auga morna
15 ó 20 gr de levado fresco
1 ovo
700 gr fariña de trigo mais  a que se precise
 1 migalla de sal. 
Para o recheo: aceite de oliva
3 cebolas grandes
1 pemento vermello grande
2 dentes de allo
1/2 copa de viño albariño 
atún ou bonito en conserva

Preparación:

Preparamos a masa: para elo disolvemos o lévedo na auga xunto o sal e botamos o resto de ingredientes e vamos amasando ata obter unha masa elástica. Deixamos repousar durante media hora.                                                              

Preparamos o recheo:  Poñemos nunha tarteira un pouco de aceite de oliva ao lume e engadimos a cebola picada, deixamos que se fagan ben e engadimos o pemento vermello picado e os dentes de allo. Deixamos que se frita ben e engadimos a copa de viño albariño e deixamos cocer durante 5 minutos. Retiramos do lume e escorrimos o aceite. 
Partimos a masa en dous cachos e estiramos un deles, poñemos encima dun papel de forno que temos enriba da bandexa do forno.
Enriba da masa botamos a mistura da cebola e do pemento fritido. E por riba botamos o atún ou bonito escorrido. Estiramos ben e aplastamos coa man para que nos quede fino.
Estiramos a outro cacho de masa e tapamos a empanada. Pechamos ben polos bordes e facemos un buraco no medio para que a empanada respire. Podemos decorar cunhas tiras de masa. 
Quentamos o forno a 180º e metemos a empanada a cocer durante 30 minutos ( dependendo do forno), retiramos cando vexamos que a masa este dourada.

Cando saquemos a masa do forno podemos pintala co aceite onde fritimos a cebola e o pemento para darlle un pouco de brillo.
Deixamos arrefriar e lista para comer. 

Ata o próximo lúns dende  " La cocina de mi abuelo"

lunes, 3 de septiembre de 2012

Cociña: torradas de polbo con queixo tetilla


Sen dúbida algunha na miña casa nunca falta o polbo no conxelador e queixos galegos das distintas D. O. que temos repartidas polo noso país. E a que galego non lle gusta o polbo?

E hoxe como proposta xunto estes dous ingredientes que dan lugar unhas tostas cheas de sabor galego. Xa bastantes complicións temos neste mes de setembro como para meternos horas na cociña  por iso nada mellor que unha proposta sinxela que podemos facer incluso para aproveitar o polbo que nos sobrou doutra comida ( si sobra, que é bastante difícil).

Tostas de polbo "a feira" con tetilla



Ingredientes:
Polbo cocido
Torradas de pan
queixo tetilla
aceite de oliva
pemento doce e  picante
sal grosa



Preparación:

Cortamos el polbo que xa temos cocido en anacos e o adobamos ao igual que se fose a feira: con sal grosa, aceite de oliva e mistura de pemento doce e picante ao gusto.
Por riba picamos unhas lascas de queixo tetilla e as metemos ao forno a gratinas entre 5 - 10 minutos.


Sacamos do forno e poñemos sobre unhas torradas de pan ao noso gusto.
Servimos quente.

Bo proveito e boa semana e  tendes máis receitas sinxelas e moi saborosas en Cocina de mi Abuelo

sábado, 1 de septiembre de 2012

Cociña: Vieiras ao forno

Para comenzar esta nova andadura da que todos os luns falarei de cociña, publicando receitas sinxelas e artigos sobre eventos gastronómicos que se fagan na nosa comarca quero empezar cun dos mariscos máis emblemáticos da nosa ría: as vieiras e cunha receita tamén clásica e que esta presente en moitas das nosas comidas familiares e festivas.

Agárdovos  todos os luns nesta sección de cociña.


Vieiras con xamón ao forno




Ingredentes para 6 vieiras:
6 vieiras por persoa
1 cebola
3 lonchas xamón sérrano
2 dentes de allo
pan relado
coñac
1/2 vaso vino albariño
aceite de oliva
perexil

Preparación:

Limpamos as vieiras e as poñemos nun pouco de coñac, eu soio deixalas toda a noite. Reservamos as cunchas

Poñemos un cazo ao fogo cun pouco de aceite de oliva, botamos o allo picado e cando empece a moverse pool aceite botamos a cebola ben picada, deixamos pochar.
Engadimosol 1/2 vaso de viño e o perexil picado, deixamos que se reduza o alcohol e engadimos as lonchas de xamón ben picado. Deixamos cociñar un minuto.

Poñemos as vieiras nas cunchas e cubrimos coa cebola pochada. Botamos por riba un pouco de pan relado.

Quentamos o forno a 180º e metemos as vieiras durante 15-20 minutos, ata que vexamos que o pan empeza a dourarse.


Sacamos do forno e listas para servir quentes.



Un saúdo, Rocio.