Por si a alguén pode interesar, de paso que preparei estas imaxes para o meu alumnado de bacharelato as poño aquí tamén. Están expostas ao público no Salón de plenos do Concello de Cambados, son do ano 2004.
Trátase do Plan Xeral de Ordenación Municipal elaborado nesa data pero que non chegou a aprobarse. Podemos imaxinar a gravidade que isto supón ao non ter o Concello un documento global de ordenación urbanística e as irregularidades que esto pode traer consigo. Só existen unhas normas subsidiarias que datan dos anos noventa do pasado século.
Óscar Pardo ten recalcado no seu blog Cambados tk a necesidade de contar cun Plan Xeral de Ordenación Urbanístico (PXOU) como teñen todos os Concellos "serios". E como nos ten informado o propio Óscar (v. comentarios) xa
A voz de Galicia indicaba no 2005!!! que o plan se estaba retrasando:
Oito anos despois segue sen aprobarse
CAMBADOS NORTE
CASTRELO
OUBIÑA
LENDA
Sae na prensa estes días a petición do BNG de que se remate o Plan: