Polo facebook de Karlos Abal atopámonos este bonito video do grupo aCadaCanto, gravado no Mosteiro de Carboeiro, Silleda.
aCadaCanto é un grupo de música galega que está formado por Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero e Guadi Galego, nada en Cedeira pero ribadumiense de adopción.
aCadaCanto está de xira por Galicia e actúan en Ribadavia o día 1 de xuño, en Teo o día 7 e Ribadeo o día 9.
Mostrando entradas con la etiqueta MUSICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MUSICA. Mostrar todas las entradas
domingo, 26 de mayo de 2013
lunes, 18 de febrero de 2013
RAIMUNDO AMADOR E VARGAS BLUES BAND EN VILAGARCÍA
O Auditorio Municipal recibe o sábado 9 de marzo a Raimundo Amador que presentará en Vilagarcía o seu último espectáculo musical que leva por título Noches de Blues y Flamenco. O carismático músico, artífice da mestizaxe flamenca, non actuará só xa que virá acompañado da Vargas Blues Band, a formación liderada polo guitarrista Javier Vargas.
A actuación de Raimundo Amador e a Vargas Blues Band representa unha excelente oportunidade para presenciar uns dos mellores espectáculos de música en directo que se poden ver na actualidade no país, un concerto que ademais conta co atractivo que supón a mestura de dous xéneros tan distantes é a vez que conxugan tan ben como o flamenco e o blues.
Noche de Blues y Flamenco ofrece un enfrontamento e unha entrega desgarradora que,combinando partes acústicas e eléctricas de ambos xéneros, culmina cun fastuoso colofón final onde se fusionan ambos estilos nunha paixón sen límite. Os dous guitarristas farán un percorrido polos éxitos máis importantes das súas dilatadas carreiras nun concerto cheo de extraordinarias pinceladas e colaboración entre ambos.
Un xitano de sona que tocou con BB King
Raimundo Amador procede dunha familia xitana con moita sona no que ó flamenco se refire.Guitarrista, cantaor, e compositor, Raimundo Amador é o principal artífice en España da mestizaxe flamenco con outras músicas como o blues, o reggae, o rock e mesmo o hip hop.
O autor de temas tan coñecidos como Ay que gustito pá mis orejas foi fundador de dous grupos pioneiros Veneno, xunto con Kiko Veneno, e Pata Negra, xunto con seu irmá. Tamén colaborou en innumerables ocasións coas máis grandes figuras o flamenco, como Paco de Lucía ou Camarón, aínda que a súa particular visión mestiza do flamenco tamén o levou a participar con artistas internacionais doutros xéneros, como BB King ou Björk.
Pola sua banda, a Vargas Blues Band fórmana Luis Mayo, Peter Kunst, Bobby Alexandre, Tim Mitchell, e a súa alma máter, Javier Vargas. Este músico nado en Madrid, criado en Arxentina e formado musicalmente en Estados Unidos, despois de tocar con varias bandas de rock sureño en USA toma contacto co reggae cos músicos xamaicanos cos que tocaba a guitarra nun grupo que amenizaba unha rota de cruceiros turísticos.
De regreso a España, Vargas formou parte da banda de Miguel Ríos e colaborou coa Orquestra Mondragón compaxinando a súa faceta de músico coa de compositor. Tras pasar por outras moitas formacións, en 1991 crea a súa propia banda, editando varios discos que acadaron cifras récord de venta en España para o xénero de blues. Vargas contou con colaboracións tan salientables como as de Chris Rea ou Andrés Calamaro e o seu tema "Blues Latino" foi recollido por Carlos Santana que o incluíu no seu disco Santana Brothers.
As entradas para o concerto de Raimundo Amador e a Vargas Blues Band están á venta na webwww.servinova.com e na billeteira telefónica 902 504 500. O prezo é de 28 euros.
PAZO SEÑORÁNS PRESENTA A SR.CHINARRO EN CONCERTO
Non é habitual que unha adega da D.O. Rías Baixas acolla un concerto de música. E menos que sexa dunha das grandes estrelas da escena independente española. É o que fai tan interesante a proposta que nos fai Pazo de Señoráns, a firma radicada en Vilanoviña (Meis). Será unha das tres paradas da xira galega coa que Sr. Chinarro presenta o seu último traballo discográfico,Enhorabuena a los cuatro.
Enhorabuena a los cuatro foi gravado o pasado mes de setembro nos estudos Red Bull Studios, situados en Matadero Madrid, un lugar no que, segundo manifestou na súa web Antonio Luque, nome tralo que se esconde Sr. Chinarro, sentiuse "como en casa".
Aos artistas antes citados súmanse outros nomes que tamén colaboraron no disco, como o técnico do estudo, Oswaldo Terrones, ou Marc Greenwood e Pau Roca, de La Habitación Roja. O primeiro como productor, baixista e teclista, e o segundo como guitarrista, teclista "y lo que hiciese falta", en palabras de Luque.
O concerto de Sr. Chinarro na adega Pazo de Señoránscelebrarase o próximo 15 de marzo ás 21:30 horas.
lunes, 11 de febrero de 2013
MUSICA DE AGORA PARA A ROSALÍA DE SEMPRE
| A rapeira AID |
Pontevedra xuntará por primeira vez nun escenario a dúas das grandes revelacións da música galega actual, a rapeira Aid (que publicou no 2012 o disco libro Rapoemas, con versións rapeadas de poemas rosalianos) e Sés, que está a ter unha grande proxección no panorama musical galego despois da publicación do seu primeiro disco.
A cita será o venres 22 de febreiro no marco dun acto literario musical organizado pola Concellaría de Cultura para conmemorar a data de nacemento de Rosalía de Castro, que se celebra no 24 de febreiro e que figura no calendario das letras coma Día de Rosalía.
O festival será conducido pola actriz e cineasta Comba Campoy e na parte literaria destaca a participación de representantes de diferentes xeracións: a pontevedresa Elvira Riveiro, autora de varios libros; a xovencísima Rosalía Fernández Rial, e autores de longa traxectoria como Anxo Angueira ou Marga do Val.
miércoles, 9 de enero de 2013
O FESTIVAL DO NORTE DE VILAGARCÍA, NO AIRE
| Cartel anunciador do ano pasado |
Vilagarcía pode quedar sen o Festival do Norte. Tras once anos como un dos festivais de referencia da escena independente española, o seu futuro non está nada claro. E todo pola falta de apoio económico por parte do Concello. "Vilagarcía é a nosa primeira opción, pero non podemos esperar moito máis", explica o productor Toño Caneda. "Se aquí non nos queren, temos outras opcións e valorarémolas".
Tal e como solicitou o goberno municipal, tras quedarse sen subvención para 2013, os organizadores do Festival do Norte presentaron un proxecto detallado do evento o pasado 5 de decembro "e desde entón nada". Algo que, segundo Toño Caneda, demostra que "non debe interesarlles moito un evento que atrae a unhas 20.000 persoas e que deixa moito diñeiro en Vilagarcía".
"Eles teñen que crer no proxecto. Non pode ser que tras doce anos teñamos que seguir explicando todos os anos quen somos", explica o responsable de Producciones Culturales Independientes, organizadores do Festival do Norte. E poñen data a este compromiso. Asegura que "dun xeito ou outro" a solución terá que chegar antes de que finalice este mes de xaneiro. É o prazo que lle dan ao Concello para garantir a súa continuidade.
En todo caso, a organización do festival segue traballando na organización desta duodécima edición. A principal novidade sería a data. Pretenden que o Festival do Norte deste ano celébrese os días 17 e 18 de maio, coincidindo coa ponte do Día das Letras Galegas. "Iso permitiríanos que máis xente puidese vir e quizais, facer algo xa previo na noite do xoves".
En principio, o Festival do Norte quiere manter os prezos do ano pasado. "A subida do IVE non a repercutiremos no prezo", aseguran os seus organizadores, malia que cren que o aumento do 13 por cento neste imposto "é unha barbaridade". Pero teñen unha cousa ben clara. "Non podemos poñer as entradas a 70 ou 80 euros, sería unha falta de respecto a un público que sempre nos tratou moi ben".
E que pasa co cartel? "Falamos cos grupos e está moi avanzado", recoñece Toño Caneda. "Pero está todo en stand-by". Asegura que ten comprometida a asistencia dalgúns dos grupos máis importantes da escena indie, pero necesitan aclarar canto antes o futuro do festival. "Teñen a data reservada para nós, pero non podemos telos esperando. Renuncian a outros compromisos por vir e non é xusto que perdan as dúas datas".
Os organizadores calculan que o orzamento do Festival volverá roldar os 400.000 euros. "Costa moito diñeiro, sobre todo por todo o que hai ao redor do festival", explica Toño Caneda. "Nós sabemos que hai que asumir un risco, pero sen apoio das institucións sería imposible sacalo adiante". Por iso é polo que vexa moi negro o futuro da cultura neste país. "Estano paralizando todo, é un desastre", asegura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
