Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
jueves, 1 de agosto de 2013
FESTIVAL FOTOGRÁFICO PROXECTA
Este ano os organizadores do Festival Fotográfico "Proxecta" (o fotógrafo Jose Luiz Oubiña entre eles) decidiron trasladalo de Vilagarcía a Cambados. Este é o seu recomendable programa:
Programación Fotográfico Festival Proxecta 2013
1) Realizar unha sesión nocturna de +- 60’min con proxeccións de fotografías ao ar libre con traballos desenrolados por fotógrafos profesionais nacionais e internacionais. A proxección ao ar libre ten como aliciente a posibilidade de achegamento ao arte da fotografía a unha grande parte da poboación que non ten o costume de frecuentar galerias e salas de arte, facendo da rúa unha gran sala de exposicions. Suxírese que o tempo máximo total das proxección non sexa máis de 60 minutos (dado que segundo os estudos é o tempo máximo de plena atención dos seres humanos). O número de participantes é de unha ducia de fotógrafos. Dia: 17/08/2013. Horário: 22:30. Lugar: Plaza Fefiñans (en caso de choiva Auditório da Xuventude Cambados). Duración: Unha xornada nocturna;
2) Exposición fotográfica “Premio fotojornalismo 2012 - Estação Imagem Mora”: Reune as millores imaxes fotoxornalísticas feitas polos reporteiros de Portugal e Galicia. Dia: 17/08/2013. Hora: 13:00 (inauguración). Lugar: Pazo de Torrado. Duración: 1 mes;
3) Mercadiño “Proxectado”: Actividad dirixida a fotógrafos profesionais e amadores. Buscase a traves dun mini mercadiño fotográfico que os participantes divulguen, intercambien e vendan as suas imaxes, as suas idéias, as suas fotos e libros. Que se fale e discuta a fotografía, que se organize e divulguen as futuras exposicions; e que inclusive haxa a posibilidade de intercambios, trueques e venda de fotos persoais e material fotográfico novo e de coleccionismo. Dia: 17/08/2013. Hora: a partir das 16:30. Lugar: Praza de Asorey. Duración: 1 día (tarde e noite);
4) Exposición fotográfica ao ar libre “Paisaje desde el Arcén” de Francis Tsang: Facer unha mostra aberta ao publico e ao ar libre de fotografías en grande formato. As fotos son do “Tour” e da “Vuelta” correspondentes aos anos 2001 e 2002, e da última “Vuelta a España 2012”. Penduradas en lugares públicos da cidade, copiadas en ploter vinilico/lonas para que soporten as inclemencias climáticas. Dia: 18/08/2013. Hora: 12:00 (inauguración). Lugar: Ruas Real e Principe (Paso da crono por equipos “Vuelta 2013”). Duración: +- Veinte días;
5) Charla de Francis Tsang: Charla sobre Fotografía. Dia: 17/08/2013. Hora: 17:30. Lugar: Auditorio Exposalnés (ex-Centro Comarcal). Duración : +- 2 horas.
viernes, 22 de febrero de 2013
PECULIAR EXPOSICIÓN EN PONTEVEDRA
Artistas con discapacidade que elaboran os seus traballos coa boca ou os pés son os protagonistas da mostra de pintura que, desde este venres e ata o próximo 8 de marzo, se pode visitar na sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra.
Trátase dunha exposición da Asociación de Pintores con la Boca y el Pie que foi fundada, precisamente, por un artista alemán, Erich Stegman, que tras perder a mobilidade nas mans se gañou a vida pintando coa boca e que decidiu crear esta asociación para que outros creadores na súa mesma situación puidesen beneficiarse de estar asociados.
Ademais das obras de artistas internacionais, a exposición amosa o traballo dos mellores pintores nacionais nesta modalidade, como Manuel Parreño e Cristóbal M. Toledo.
A Asociación foi medrando e estendéndose a todo o mundo, dando lugar a un movemento artístico que está presente xa en 74 países e que conta cuns 800 membros. A ela podenpertencer aqueles artistas que perderan o uso das súas mans e queiran seguir pintando suxeitando un pincel coa boca ou o pé.
A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 09.00 a 20.00 horas e os sábados, domingos e festivos, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Fonte: PontevedraViva
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

