Mostrando entradas con la etiqueta premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta premios. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de mayo de 2013

ENTREGA DO PREMIO RAMÓN CABANILLAS

Este xoves 16 de maio terá lugar a entrega do Premio Ramón Cabanillas organizado polas librarías Contos e Cabanillas de Cambados. Será ás 21 hs no Auditorio da Xuventude de Cambados.

Este ano o homenaxeado será Xesús Alonso Montero, Catedrático de  literatura galega e recentemente elixido Presidente da Real Academia Galega. Alonso Montero editou nos anos 70 a obra completa de Ramón Cabanillas. Coincidindo coas homenaxes do ano Cabanillas no 2009 xa organizara Luís Rei dende o Concello  un acto en honra súa e de Francisco Fernández del Riego, os dous autores que recompilaron a Obra Completa do poeta cambadés. Viñera xa daquela Montero a Cambados, non así Fernández del Riego que se atopaba  mal de saúde.

Intervirá no acto o académico cambadés, Francisco Fernández Rei e haberá como é habitual, varias actuacións musicais. 

Este ano a concesión do premio ven servida con polémica, debido ás declaracións de Xesús Alonso Montero a V televisión, podedes ver a entrevista íntegra neste enlace e xulgar vós mesmos:

martes, 9 de abril de 2013

PREMIO RAMÓN CABANILLAS 2013 PARA ALONSO MONTERO


As Librarías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados acaban de comunicar a concesión do X Premio Ramón Cabanillas  a Xesús Alonso Montero, Catedrático de Literatura Galega, Académico da RAG e ensaísta de longa traxectoria.

O ACTO DE ENTREGA FARASE O DÍA 16 DE MAIO ÁS 20,30 HORAS NO AUDITORIO DA XUVENTUDE DE CAMBADOS

lunes, 12 de noviembre de 2012

OPINIÓN. PREMIO RAMÓN CABANILLAS. O CONCELLO NON SE ENTERA

Xa comentamos fai uns días respecto á concesión do Premio Ramón Cabanillas polo Concello de Cambados que había unha confusión nas notas de prensa sobre as persoas que conseguiran o premio en edicións anteriores. Pensamos que o lío  tíñano os xornalistas pero hoxe vimos a páxina web do Concello e persiste o erro. Segundo a páxina oficial do Concello levaron este premio Luís Rei, Manolo Paz (ata aquí todo ben) e Miguel Fernández Cid, postos en comunicación con este último nin el mesmo sabe da concesión deste premio. Señores do Concello a ver se se aclaran, que eu saiba deron o premio Ramón Cabanillas por vez primeira en 2010 ao escritor Luís Rei e no 2011 ao escultor Manolo Paz e neste 2012 á UNED. Miguel Fernández Cid non tivo o pracer de recibilo ( de momento). Maribel Iglesias.

Foto tomada do Faro de Vigo. Autor: José Luis Oubiña.

viernes, 9 de noviembre de 2012

PREMIO RAMÓN CABANILLAS

NOVAS.  Hoxe 9 de novembro, coincidindo co 53 aniversario do pasamento do poeta cambadés, fíxose entrega do III Premio Ramón Cabanillas que ao parecer dá o Concello de Cambados a "aquelas entidades, institucións ou persoas que teñan relación coa Cultura dentro de Cambados". Este ano a agasallada foi a UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) que leva varios anos organizando cursos de verán en colaboración co Concello e a Diputación de Pontevedra e que se veñen celebrando no Museo do Viño. Neste enlace podes ver o video que emitiu Canal Rías Baixas sobre o evento.


Despois de ver o video atrevémonos a comentar tres cousas: a pouca xente que pode acudir ao acto dada a hora en que se celebra. As palabras de eloxio que a directora da delegación da Uned en Pontevedra dedicou ao noso Concello "tan preocupado pola educación, a cultura e a formación". E finalmente comentar  a confusión que ten a prensa cos premios Cabanillas. Que lembremos o primeiro premio Ramón Cabanillas (o do Concello, porque sabedes que hai outro máis antigo que outorgan as librerías de Cambados) foi para o escritor do Grove Luís Rei Núñez no 2010, primeiro ano en que se outorgou, o segundo foi no 2011 e doúselle ao escultor cambadés Manolo Paz. Non sabemos nada de que se lle concedese á Academia Galega de Belas Artes nin ao seu membro Miguel Fdez Cid como dixeron varios medios de comunicación. Quizais se barallou tamén, quedará para o ano que vén?.

Maribel Iglesias