Mostrando entradas con la etiqueta Cambados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cambados. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de agosto de 2013

FESTIVAL FOTOGRÁFICO PROXECTA


 Este ano os organizadores do Festival Fotográfico "Proxecta" (o fotógrafo Jose Luiz Oubiña entre eles) decidiron trasladalo de Vilagarcía a Cambados. Este é o seu recomendable programa:


Programación Fotográfico Festival Proxecta 2013


1)  Realizar unha sesión nocturna de +- 60’min con proxeccións de fotografías ao ar libre con traballos desenrolados por fotógrafos profesionais nacionais e internacionais. A proxección ao ar libre ten como aliciente a posibilidade de achegamento ao arte da fotografía a unha grande parte da poboación que non ten o costume de frecuentar galerias e salas de arte, facendo da rúa unha gran sala de exposicions. Suxírese que o tempo máximo total das proxección non sexa máis de 60 minutos (dado que segundo os estudos é o tempo máximo de plena atención dos seres humanos). O número de participantes é de unha ducia de fotógrafos. Dia: 17/08/2013. Horário: 22:30. Lugar: Plaza Fefiñans (en caso de choiva Auditório da Xuventude Cambados). Duración: Unha xornada nocturna;

2) Exposición fotográfica “Premio fotojornalismo 2012 - Estação Imagem Mora”: Reune as millores imaxes fotoxornalísticas feitas polos reporteiros de Portugal e Galicia. Dia: 17/08/2013. Hora: 13:00 (inauguración). Lugar: Pazo de Torrado. Duración: 1 mes;

3) Mercadiño “Proxectado”: Actividad dirixida a fotógrafos profesionais e amadores. Buscase a traves dun mini mercadiño fotográfico que os participantes divulguen, intercambien e vendan as suas imaxes, as suas idéias, as suas fotos e libros. Que se fale e discuta a fotografía, que se organize e divulguen as futuras exposicions; e que inclusive haxa a posibilidade de intercambios, trueques e venda de fotos persoais e material fotográfico novo e de coleccionismo. Dia: 17/08/2013. Hora: a partir das 16:30. Lugar: Praza de Asorey. Duración: 1 día (tarde e noite);

4) Exposición fotográfica ao ar libre “Paisaje desde el Arcén” de Francis Tsang: Facer unha mostra aberta ao publico e ao ar libre de fotografías en grande formato. As fotos son do “Tour” e da “Vuelta” correspondentes aos anos 2001 e 2002, e da última “Vuelta a España 2012”. Penduradas en lugares públicos da cidade, copiadas en ploter vinilico/lonas para que soporten as inclemencias climáticas. Dia: 18/08/2013. Hora: 12:00 (inauguración). Lugar: Ruas Real e Principe (Paso da crono por equipos “Vuelta 2013”). Duración: +- Veinte días;


5) Charla de Francis Tsang: Charla sobre Fotografía. Dia: 17/08/2013. Hora: 17:30. Lugar: Auditorio Exposalnés (ex-Centro Comarcal). Duración : +- 2 horas.
  

viernes, 12 de julio de 2013

jueves, 6 de junio de 2013

lunes, 3 de junio de 2013

Paseo de San Tomé no solpor (3-VI-2013)

Por fin un verdadeiro día de primavera: sol, brisa suave, un mar fantástico e as últimas luces do día nun dos meus recantos preferidos de Cambados.


sábado, 1 de junio de 2013

Agardando turno na barbería Fariña

Calquer lugar é bo para debuxar o que atopas ao teu redor. Nesta primavera, que segue dando tan poucas oportunidades para saír á rúa, tiven que botar man dos interiores, salas de espera, mercados, aulas, etc. par facer apuntes.

lunes, 27 de mayo de 2013

Kiosco na Rúa das Rodas (V-2013)

Cun inverno tan desapacible -por non escribir outras cousas- como o que aínda soportamos, faise difícil saír a debuxar por Cambados adiante, pero tan pronto como sae un día un pouco bo resulta moi agradable pasear na bicileta e sentarse a debuxar algún recanto da nosa vila como este.

sábado, 25 de mayo de 2013

DEMOSTRACIÓN DE BAILE GALEGO ORGANIZADO POR ASOBLOG

DURANTE O ACTO SERVIRANSE UNS PETISCOS GRATUÍTAMENTE.
O vindeiro sábado 8 de xuño , a Asociación Cultural Asoblog Salnés, invitavos  a asistir ao “I Festival Demostración de Baile Galego”, que
se celebrará ás 19 horas no Salón de Exposicións e Congresos José Peña de Cambados.

martes, 14 de mayo de 2013

ENTREGA DO PREMIO RAMÓN CABANILLAS

Este xoves 16 de maio terá lugar a entrega do Premio Ramón Cabanillas organizado polas librarías Contos e Cabanillas de Cambados. Será ás 21 hs no Auditorio da Xuventude de Cambados.

Este ano o homenaxeado será Xesús Alonso Montero, Catedrático de  literatura galega e recentemente elixido Presidente da Real Academia Galega. Alonso Montero editou nos anos 70 a obra completa de Ramón Cabanillas. Coincidindo coas homenaxes do ano Cabanillas no 2009 xa organizara Luís Rei dende o Concello  un acto en honra súa e de Francisco Fernández del Riego, os dous autores que recompilaron a Obra Completa do poeta cambadés. Viñera xa daquela Montero a Cambados, non así Fernández del Riego que se atopaba  mal de saúde.

Intervirá no acto o académico cambadés, Francisco Fernández Rei e haberá como é habitual, varias actuacións musicais. 

Este ano a concesión do premio ven servida con polémica, debido ás declaracións de Xesús Alonso Montero a V televisión, podedes ver a entrevista íntegra neste enlace e xulgar vós mesmos:

domingo, 5 de mayo de 2013

O IES FRANCISCO ASOREY ORGANIZA "A SEMANA DE EUROPA"

Co gallo da conmemoración o  9 de maio do día de Europa, aniversario da presentación do plan Schuman precursor da Unión Europea, o IES Asorey organiza unha serie de actos. A iniciativa forma parte dun concurso que convoca anualmente o Parlamento europeo entre escolares da Unión. Nesta edición presentámonos nós e tras superar un test sobre a Unión Europea temos agora que desenvolver unha serie de actividades que deben conseguir a máxima difusión entre o alumnado, toda a comunidade escolar, internet e a vila na que vivimos.

POR ISO PRECISAMOS A TÚA AXUDA, PORFA DIFUNDE!!!!

Este é o cartel das actividades:



E se queres informarte sobre a Unión Europea antes de que desaparezca, (é broma, a UE é unha gran idea pero temos que mellorala entre tod@s), visita os nosos blogs:

http://euroasorey.blogspot.com.es/

http://futureuasorey.blogspot.com.es/

tamén estamos no facebook: https://www.facebook.com/ies.euroasorey?fref=ts

e TWITTER

martes, 9 de abril de 2013

PREMIO RAMÓN CABANILLAS 2013 PARA ALONSO MONTERO


As Librarías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados acaban de comunicar a concesión do X Premio Ramón Cabanillas  a Xesús Alonso Montero, Catedrático de Literatura Galega, Académico da RAG e ensaísta de longa traxectoria.

O ACTO DE ENTREGA FARASE O DÍA 16 DE MAIO ÁS 20,30 HORAS NO AUDITORIO DA XUVENTUDE DE CAMBADOS

domingo, 7 de abril de 2013

TEATRO CARACOL

Un ano máis a compañía de teatro cambadesa volve á escea. Este ano coa adaptación da obra de William Shakespeare, "Romeo e Xulieta". Empezan este luns 8 de abril no Salón de actos do IES Francisco Asorey coas representacións para escolares e o domingo 14 de abril para o público en xeral.

NON FALTES!


viernes, 22 de marzo de 2013

EXPOSICIÓN NO ASOREY SOBRE A AUGA

Adela Leiro e o departamento de Ciencias exhiben na entrada do IES Asorey unha exposición sobre a Auga na cultura galega, ATA O 10 DE ABRIL


sábado, 9 de marzo de 2013

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN DE CAMBADOS

Por si a alguén pode interesar, de paso que preparei estas imaxes para o meu alumnado de bacharelato as poño aquí tamén. Están expostas ao público no Salón de plenos do Concello de Cambados, son do ano 2004. Trátase do Plan Xeral de Ordenación Municipal elaborado nesa data pero que non chegou a aprobarse. Podemos imaxinar a gravidade que isto supón ao non ter o Concello un documento global de ordenación urbanística e as irregularidades que esto pode traer consigo. Só existen unhas normas subsidiarias que datan dos anos noventa do pasado século. Óscar Pardo ten recalcado no seu blog Cambados tk a necesidade de contar cun Plan Xeral de Ordenación Urbanístico (PXOU) como teñen todos os Concellos "serios". E como nos ten informado o propio Óscar (v. comentarios) xa A voz de Galicia indicaba no 2005!!! que o plan se estaba retrasando:

La tramitación del PXOM de Cambados acumula un retraso de casi tres años

Oito anos despois segue sen aprobarse



CAMBADOS NORTE



CASTRELO



OUBIÑA


LENDA


 Sae na prensa estes días a petición do BNG de que se remate o Plan:

Piden que se finalice el PXOM para solventar los problemas urbanísticos de Cambados



viernes, 8 de marzo de 2013

GALA DE PRESENTACIÓN DE AROUSA SI RADIO SALNÉS

O venres 8 ás 20 horas terá lugar no Auditorio da Xuventude a gala de presentación da emisora de radio: Arousa Si radio Salnés. 

A emisora leva xa varios meses funcionando pero agora preséntase en sociedade. A sé da emisora ocupa os locais que tiña a antiga emisora municipal no edificio da rúa Ourense, antigos xulgados, na última planta.

Máis info no blog de A Ti meu Cambados



A súa frecuencia é: 107.9 FM

Mail: direccion@arousasiradio.com

Tel.: 986 54 20 54


MOITA SORTE!!!

lunes, 4 de marzo de 2013

HOXE FAI 124 ANOS QUE NACEU ASOREY

O 4 de marzo de 1889, ás oito da noite, nace en Fefiñáns, Cambados, Francisco Hipólito Asorey González, derradeiro fillo dos cónxuxes Antonio Asorey Rey e Elisa González González que casaran en Bos Aires en 1870 e de onde se trasladaron a vivir a Cambados (ver neste enlace a partida de nacemento). O pai, comerciante, nace na Coruña, anque ten raices nas terras do Deza, de feito o apelido Asorey ten seguramente a súa orixe nunha aldea do Concello de Vila de Cruces, próximo a Lalín. A nai é cambadesa e residen na rúa do Sol (ou porta do Sol), en Fefiñáns. En Fefiñáns tamén nacera trece anos antes (en 1876) o poeta Ramón Cabanillas.


Foto dunha postal de principios do s. XX. Á dereita da foto está a casa natal de Asorey, na chamada daquela rúa do Sol, pola súa orientación cara o sur, tamén se chamou “Calle Real” , tal como indica a postal. Hoxe é a praza Francisco Asorey na que se colocou, en homenaxe ao escultor, a réplica da escultura Naiciña feita por José Cao Lata.


No baixo da casa tiña a familia o seu negocio de telas e logo tamén nun anexo unha fábrica de xabóns que acabarán vendendo a Antonio Gelpi (xenro de Antonio Asorey). En 1895 a casa será vendida tamén a uns comerciantes de panos de Vilagarcía (familia de Simeón García de la Riva) cos que a familia tiña unha importante débeda. Pouco despois vendeuse de novo a un comerciante francés, León Anatole Del Valle, que pasaba os veráns en Cambados coa súa familia; a súa bisneta Enriqueta Rubio, actual propietaria da casa, facilitounos estes datos.

sábado, 23 de febrero de 2013

NOITE DE CULTURA EN CAMBADOS


O venres 22 de febreiro, coincidiron en Cambados catro actos culturais:

- A presentación na Librería Contos do libro A máquina do tempo

- A clausura da exposición que o artista Lino Silva tiña na moblería de Otero

- Un concerto na Igrexa parroquial de Santa Mariña organizado polo Conservatorio de Pontevedra

e a presentación do libro-homenaxe a Luís F. Silvoso no Auditorio da Xuventude.

E houbo xente para todos.



Falarei da que asistín eu. Practicamente cheo estaba o Auditorio da Xuventude para recordar ao galerista cambadés Luis Silvoso, morto prematuramente en outubro do 2011. Participaron na homenaxe o seu fillo Alberto, o pintor Manolo Busto que promoveu a iniciativa de editar este libro, eu mesma que fixen o texto e Baldo Ramos, poeta, artista plástico e bo amigo de Luís que leu un fermoso e emotivo texto adicado a el. Tamén estaba Teresa Escariz alma e promotora da edición do libro e Luís mesmo nun enorme retrato que lle fixo póstumamente o seu amigo, o pintor Romero Masiá. Deixo aquí unhas boas fotos feitas por Mariña Fernández Escariz e uns enlaces ás reseñas que apareceron na prensa.




Expúxose o libro que Luís Silvoso e os amigos cos que compartiu piso en Madrid nos anos 80, un enorme libro de contabilidade que compraron no Rastro e que encheron de debuxos, postais, pensamentos... e que serviron de base para a edición deste libro


O libro anterior en primeiro termo e o retrato de Masiá ao fondo

Artigo de Miguel Anxo Martínez no Faro de Vigo:

Los cambadeses responden al ´tirón´ de Luis Silvoso y de la música religiosa

Éxito de público en ambas citas culturales



Diario de Arousa:

Luis Fernández Silvoso: de la vocación de fraile franciscano al culto al arte

E de novo no Faro na edición do domingo:

O libro está á venda polo prezo simbólico de 5 euros nas Librerías Cabanillas e Contos, colaboradoras habituais da cultura cambadesa.

domingo, 17 de febrero de 2013

HOMENAXE AO GALERISTA LUÍS F. SILVOSO

O próximo venres 22 de febreiro ás 20:30 horas terá lugar  no Auditorio da Xuventude de Cambados a presentación do libro-homenaxe ao galerista cambadés Luís Fernández Silvoso.

Luís Silvoso dirixiu durante 13 anos a única Galería de Arte cambadesa, Borrón-4 e unha das poucas do Salnés. Luís dou a oportunidade a moitos artistas da bisbarra e de fóra da bisbarra de expoñer nese espazo, contribuíndo enormemente á dinamización da vida cultural cambadesa. En outubro de 2011 a consecuencia dun derrame cerebral morre con 57 anos. A derradeira exposición que Luís organizou na galería pertencía a Manolo Busto e foi este artista quen tivo a idea de editar o  libro de homenaxe ao galerista que agora se presenta. Manolo Busto e eu mesma encargámonos de recoller e organizar a información que nos facilitou Teresa Escariz, a súa viúva. O xornalista Carlos Crespo maquetou o material para a súa publicación.


Luís e a súa filla Mariña na entrada á Galería Borrón-4 na Avenida de Galicia.





Inauguración da Galería Borrrón-4 en xullo de 1998. Aparecen Manolo Paz, Xaquín Chaves, Luís Silvoso, Antón Lamazares e Juan Silva.

No acto intervirán:

Alberto F. Escariz, fillo do homenaxeado

Manolo Busto, pintor

Maribel Iglesias, mestra

Baldo Ramos, artista e escritor



 Teresa Escariz, viúva de Luís, fíxose cargo dos costes de edición. O libro estará á venda polo prezo simbólico de 5 euros. 

domingo, 10 de febrero de 2013

Loita contra o narcotráfico

Preocupantes son as novas que aparecen nos xornais nos últimos meses con declaracións de xuices e fiscais alertando de falta de medios para investigar casos de corrupción, narcotráfico, delitos fiscais... Hoxe aparece tamén unha nova relacionada no xornal El País referida ás Rías Baixas, desta volta trátase da Axencia Tributaria:


Hacienda suspende los rastreos en busca de bienes ocultos de narcos

Dá conta da utilización de sistemas de rastreo de propiedades ostentosas facendo comprobacións de si esas propiedades foron feitas ou compradas con diñeiro lícito ou non e que ao parecer estaba dando bos resultados na deteción de blanqueo de capitais procedentes do narcotráfico na zona das Rías Baixas. Parece que estes rastreos foron suspendidos debido á decisión do goberno de destituir a  Luis Pazos como director da Axencia Tributaria en Galicia . El foi o promotor destas investigaciones durante o seu  mandato como xefe da delegación de Pontevedra e que impulsou a partir de 2008 cuando accedeu á  xefatura de Facenda en A Coruña. O xornal informa que o novo director: Luis Rodríguez Díaz “no ha mostrado el más mínimo interés en que el plan siga abierto".

A nova aparece ilustrada pola foto dunha casa existente en Cambados que todos os veciños coñecemos, no Monte do Rei, próximo ao IES Francisco Asorey, na pista asfaltada que baixa cara o río Umia. A foto é de Mónica Vila e indica que é un "Chalé embargado por Hacienda en el plan de Residencias Suntuarias".




viernes, 8 de febrero de 2013

Minte o Concello?...

O Muíño da Seca

Minte a nota de prensa do Concello ou minte a Voz de Galicia publicando esta nova?:


Cambados se convierte en el concello de la provincia con más distintivos de calidad turística

El galardón se concede a los cuatro museos de la villa y a la oficina de información turística


Xa o noso compañeiro de Asoblog Arturo Cores se extrañaba no seu blog de que uns museos que están a maior parte do ano pechados consigan unha certificación turística de calidade. Picounos a curiosidade e puxémonos a investigar. Dende o ICTE, Instituto para la calidad turística española confirmáronnos que había un erro (?) non se trata da Q de calidad turística, galardón que esixe cumprir unhas normas bastante estritas, senón un distintivo de "Compromiso de calidad turística" que implica únicamente cumprir cun Manual de boas prácticas e unha autoevaluación feita polos propios solicitantes. A xestión da concesión deste distintivo correu a cargo do Patronato de Turismo Rías Baixas, organismo que depende da Deputación de Pontevedra. Por tanto a información da Voz de Galicia, interesadamente ou non, está errada.

O mail que nos enviou a empresa (ICTE) dícía así:

"Nos pondremos en contacto con ellos (A Voz de Galicia) para que no confundan lo que es el Manual de Buenas Prácticas del SICTED con las normas UNE de la “Q”, ya que el Manual no sustituye a la “Q” y ahí es donde han cometido el error".

Para mostrar toda a información que obtivemos tamén hemos de dicir que se fixo unha avaliación externa, por parte dunha consultora privada con sé en Barcelona: CEGOS. Postos en comunicación con eles nos atenderon amablemente e nos aseguraron que os museos de Cambados cumpren coa normativa esixida anque non nos podían facilitar cales eran esas normas e comentaron que elementos como o feito de que os museos estivesen  pechados durante algún tempo ou o número de visitantes que reciban non necesariamente influían na obtención da certificación. Pois é unha mágoa.

A ti meu Cambados socio de Asoblog tamén trataba o tema fai uns meses nesta entrada.

Este é un dos museos que renovan a etiqueta de "Compromiso de calidad turística". A casa do Pescador (ou pon Pecador?). Son veciña do barrio de Santomé e xa non me lembro da última vez que o vin aberto.





Na porta de acceso aparece ben visible o distintivo azul renovado, as placas conmemorativas da inauguración e adhesión á rede museística Galaico-portuguesa, pero nada sobre horarios de apertura ou tel. de contacto en caso de que se queira visitar.


OS ESTABLECEMENTOS DE CAMBADOS QUE SI TEÑEN RECOÑECIDA A Q DE CALIDADE TURÍSTICA SON:



O Parador de Turismo e o restaurante Yayo Daporta

EN VILAGARCÍA:

A axencia de viaxes TEE Travel e Mc Donald's

NO GROVE:

Os hoteis: Spa Atlántico de S. Vicente do Grove, Hotel Bosque-Mar, Hotel Louxo da Illa da Toxa

O restaurante O almacén do avó e o club Naútico S. Vicente do Mar.

domingo, 27 de enero de 2013

O Pazo de Fefiñáns pódese visitar



Xa desde fai uns meses e despois da restauración acometida nas cubertas é posible visitar o Pazo de Fefiñáns. Unha xoia da arquitectura civil galega. Podes consultar prezos e contacto neste enlace.

"Nesta histórica vila de orixe xermánica asentáronse os señores da casa de Valladares coa autorización da Igrexa Compostelá, probablemente no s. XIV, edificando a súa casa-pazo no solar que ocupa actualmente o Pazo de Fefiñáns. Onde agora se atopa a igrexa existía, xa dende o s. XI, un mosteiro bieito.

O título nobiliario de Conde de Fefiñáns remóntase a principios so s. XII, como o demostran as tres bandeiras procedentes da conquista de Ciudad Rodrigo, doadas á Catedral de Santiago. No último terzo do s. XV a vila segregouse da xurisdición arcebispal a favor de Filipe II, quen a cedería a D. Gonzalo de Valladares, "O Vello", fundador do morgado de Fefiñáns en 1562 e avó do primeiro Vizconde de Fefiñáns. O s. XVII será o momento histórico máis importante da vila e dos señores de Fefiñáns coa construción do pazo, a administración de xustiza, a reforma da Igrexa de S. Bieito, o levantamento do muiño das mareas de Tragove e o primeiro peirao erixido na baía cambadesa. Xa desde o s. XIX, cos primeiros concellos constitucionais, Fefiñáns integrarase no de Cambados, fusionándose as tres antigas xurisdiccións de Sto Tomé do Mar, Fefiñáns e Cambados."

Así empeza a explicación sobre o Pazo nos folletos que se entregan coa visita, foi feito o texto polo historiador cambadés, Jacobo Domínguez Pedreira.

Aproveitamos dende este blog para recomendar a visita a esta xoia arquitectónica que temos tan preto e que resulta tan descoñecida para os veciños e veciñas de Cambados. É unha mágoa non aproveitar  a magnífica oportunidade que se nos dá de coñecer o Pazo, recén declarado Ben de Interese Cultural (BIC) a ao mesmo tempo contribuír ao seu mantemento. Para abrir boca poño aquí unhas fotos dalgunhas cousas que poderedes ver na visita:



Escaleira nobre de acceso ao Pazo



Salón decorado con papel pintado do s. XVIII traído dende París, na mesma estancia pódese ver o retrato en bronce que Asorey lle fixo ao malogrado Miguelito Gil Armada 





Comedor, vese na parede dereita o retrato do Catedrático de medicina Miguel Gil Casares obra de Jesús Corredoira

Detalle da cheminea no mesmo comedor, co escudo en pedra dos Valladares e o retrato de Baltasar Pardo de Figueroa do s. XVIII.


Esculturas de Joaquín Gil Armada, pai das actuais propietarias, que foi discípulo e amigo de Asorey

Joaquín Gil Armada, a súa dona e Asorey no Salón do papel pintado


Solaina á que se accede dende o comedor


Patio de armas cun gran escudo familiar


Vista do patio de armas dende a Torre 


Os xardíns e horta do Pazo vistos dende a cima da torre



O Grove ao lonxe

Unha visita ideal para veciños e veciñas de Cambados, familiares ou amigos que nos visiten, grupos reducidos de escolares e por suposto turistas. E despois da visita podedes degustar os excelentes viños e licores da Bodega Joaquín Gil Armada.