Mostrando entradas con la etiqueta cabanillas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cabanillas. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de abril de 2013

PREMIO RAMÓN CABANILLAS 2013 PARA ALONSO MONTERO


As Librarías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados acaban de comunicar a concesión do X Premio Ramón Cabanillas  a Xesús Alonso Montero, Catedrático de Literatura Galega, Académico da RAG e ensaísta de longa traxectoria.

O ACTO DE ENTREGA FARASE O DÍA 16 DE MAIO ÁS 20,30 HORAS NO AUDITORIO DA XUVENTUDE DE CAMBADOS

lunes, 12 de noviembre de 2012

OPINIÓN. PREMIO RAMÓN CABANILLAS. O CONCELLO NON SE ENTERA

Xa comentamos fai uns días respecto á concesión do Premio Ramón Cabanillas polo Concello de Cambados que había unha confusión nas notas de prensa sobre as persoas que conseguiran o premio en edicións anteriores. Pensamos que o lío  tíñano os xornalistas pero hoxe vimos a páxina web do Concello e persiste o erro. Segundo a páxina oficial do Concello levaron este premio Luís Rei, Manolo Paz (ata aquí todo ben) e Miguel Fernández Cid, postos en comunicación con este último nin el mesmo sabe da concesión deste premio. Señores do Concello a ver se se aclaran, que eu saiba deron o premio Ramón Cabanillas por vez primeira en 2010 ao escritor Luís Rei e no 2011 ao escultor Manolo Paz e neste 2012 á UNED. Miguel Fernández Cid non tivo o pracer de recibilo ( de momento). Maribel Iglesias.

Foto tomada do Faro de Vigo. Autor: José Luis Oubiña.

viernes, 9 de noviembre de 2012

PREMIO RAMÓN CABANILLAS

NOVAS.  Hoxe 9 de novembro, coincidindo co 53 aniversario do pasamento do poeta cambadés, fíxose entrega do III Premio Ramón Cabanillas que ao parecer dá o Concello de Cambados a "aquelas entidades, institucións ou persoas que teñan relación coa Cultura dentro de Cambados". Este ano a agasallada foi a UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) que leva varios anos organizando cursos de verán en colaboración co Concello e a Diputación de Pontevedra e que se veñen celebrando no Museo do Viño. Neste enlace podes ver o video que emitiu Canal Rías Baixas sobre o evento.


Despois de ver o video atrevémonos a comentar tres cousas: a pouca xente que pode acudir ao acto dada a hora en que se celebra. As palabras de eloxio que a directora da delegación da Uned en Pontevedra dedicou ao noso Concello "tan preocupado pola educación, a cultura e a formación". E finalmente comentar  a confusión que ten a prensa cos premios Cabanillas. Que lembremos o primeiro premio Ramón Cabanillas (o do Concello, porque sabedes que hai outro máis antigo que outorgan as librerías de Cambados) foi para o escritor do Grove Luís Rei Núñez no 2010, primeiro ano en que se outorgou, o segundo foi no 2011 e doúselle ao escultor cambadés Manolo Paz. Non sabemos nada de que se lle concedese á Academia Galega de Belas Artes nin ao seu membro Miguel Fdez Cid como dixeron varios medios de comunicación. Quizais se barallou tamén, quedará para o ano que vén?.

Maribel Iglesias