Mostrando entradas con la etiqueta Don Quijote. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Don Quijote. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de marzo de 2013

JOSE SACRISTAN DESEMBARCARA EN VILAGARCIA CO SEU QUIJOTE







Yo soy Don Quijote de La Mancha é o espectáculo interpretado polo actor José Sacristán, a quen tiven o pracer de coñecer en Madrid fai uns meses, que chegará o 19 de abril a Vilagarcía de Arousa, unha adaptación da obra de Miguel de Cervantes cunha das postas en escena máis apludidas polo público e a crítica.
Trátase dunha produción de Metrópole Teatro que conta as andanzas do Enxeñoso Fidalgo flanqueado polo seu inseparable Sancho, interpretado por Fernando Soto e a filla Sanchica á que dá vida a actriz Almudena Ramos. Todos eles estarán acompañados no escenario do violonchelista José Luis López. Xuntos recrearán, a través dunha nova versión asinada polo dramaturgo José Ramón Fernández e dirixida por Luis Bermejo, algunhas das famosas aventuras e desventuras do famoso fidalgo escritas por Miguel de Cervantes.

As entradas para asistir a este espectáculo custan 16 euros na zona A do patio de butacas, 14 euros na B e 12 na C. Poñeranse á venda nos próximos días a través da Servinova. A estes prezos súmanse os custos de xestión. O día da función tamén haberá entradas dispoñibles en despacho dúas horas antes do inicio da representación.