Mostrando entradas con la etiqueta DEPUTACION. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEPUTACION. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de febrero de 2013

EXPOSICION SOBRE AS NOSAS ILLAS EN PONTEVEDRA






As Nosas Illas. Rías Baixas. Cartoteca Provincial. Ese é o nome da peculiar exposición que a Deputación de Pontevedra inaugurou fai unhas semáns no Arquivo Provincial, situado na rúa Pai Amoedo de Pontevedra. A mostra, que pretende poñer en valor a riqueza das illas atlánticas, permanecerá aberta ao público ata o próximo 15 de febreiro de 2013 e a súa exposición artéllase en dúas salas.
Na Sala A móstranse representacións das illas a través da cartografía e das fotografías aéreas realizadas na actualidade e as que teñen unha orixe anterior. Mediante eses recursos poderemos ver a evolución de Sálvora, Arousa, Cortegada e A Toxa, na ría de Arousa; Ons e Tambo na de Pontevedra; e Cíes, San Simón e Toralla, na ría de Vigo.
Completan esta sala unha serie de instrumentos empregados para a navegación, a observación de astros e a realización de cartografía do século XIX e principios do XX e os relacionados co súa utilización e do uso da biblioteca, respectivamente.
A Sala B está dedicada integramente ás illas que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Estas illas foron declaradas Parque Natural en 1980 e están incluídos, xunto cos arquipélagos de Ons e Cortegada, na provincia de Pontevedra, e o arquipélago de Sálvora en A Coruña, no parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dende o 1 de xullo de 2002, data da súa declaración.
Nesta sala, ademais, o Arquivo Provincial expón material cedido por outros organismos e institucións públicas e paneis con distintos aspectos xeolóxicos, históricos ou paisaxísticos, entre outros, destas illas.
Na súa inauguración, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, afirmou que "as illas e as Rías Baixas son un paraíso terreal e unha imaxe de marca da provincia cun valor de identificación, prestixio e calidade de primeiro orde". Asegurou que son "unha fonte de riqueza" e, por estas razóns, sinalou que é unha obriga das institucións poñelas en valor constantemente "aínda que, ao longo da historia, este valor estivo sempre presente".


Fonte: PontevedraViva

miércoles, 7 de noviembre de 2012

A CANCEIRA SUPRAMUNICIPAL PARA TRAGSA





As peores expectativas cumprironse.
Os 42 municipios implicados reuníronse na Deputación para falar do servizo mancomunado da canceira supramunicipal.

As instalacións da canceira provincial, situadas en Meis, levan dous anos rematadas e ata o de agora continúan sen ser estreadas. Nesta reunión, os alcaldes da provincia acordaron poñer en marcha un proxecto piloto que xa dende principios do ano que ven deixe en mans da Deputación a xestión do centro de protección animal.

Un proxecto experimental para o que se levará a cabo unha negociación coa empresa Tragsa, a que , en principio, porá en marcha a canceira. Obxectivo principal é acadar un aforro para os concellos e facelo creando un bo centro de protección animal.
Polo tanto o campo de exterminio animal pronto será unha realidade a pesares de contar co rexeitamento de asociacións animalistas e protectoras de animais da provincia e do resto do Estado.

Fonte: Canalriasbaixas