O Emigrante, óleo de Castelao que posúe a Fundación Novacaixagalicia
A mellor colección de arte galega que existe na actualidade está en mans da Fundación Novacaixagalicia, fundación creada como entidade independente xurdida a partir da fusión bancaria de Caixa Galicia e Caixanova e a posterior nacionalización por parte do FROB.
Novagalicia Banco vai ser vendido polo FROB probablemente no vindeiro mes de outubro. Que pasará coa Fundación, a súa Obra Social e a colección de arte? non se sabe. E cabe a posibilidade que todo isto pase a mans de inversores extranxeiros que pode que non vexan nesta colección de arte máis que un valor económico. Unha colección de arte que foi mercada cos aforros de tod@s @s galeg@s.
Xa que se van vender as antigas caixas galegas, xa que se vai perder un patrimonio que se xuntou, insisto, co noso aforro, salvemos polo menos a colección artística. Entra na súa páxina. Hai obras de Castelao, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo... e de artistas cambadeses como Asorey ou Francisco Leiro.
Hai unha iniciativa en internet a través da plataforma change.org pedindo toda a colección pase a ser BIC (ben de interese cultural) e se exhiba na Cidade da Cultura.
CLIKA E ASINA! pode que asinar non resolva o problema pero seguro que axudará algo.
http://www.change.org/es/peticiones/salvar-a-colecci%C3%B3n-de-arte-de-novagaliciabanco-para-os-galegos-e-trasladala-%C3%A1-cidade-da-cultura?utm_source=supporter_message&utm_medium=email&utm_campaign=petition_message_notice
http://www.change.org/es/peticiones/salvar-a-colecci%C3%B3n-de-arte-de-novagaliciabanco-para-os-galegos-e-trasladala-%C3%A1-cidade-da-cultura?utm_source=supporter_message&utm_medium=email&utm_campaign=petition_message_notice
MOITAS GRAZAS POLO APOIO Á PETICIÓN
ResponderEliminar_no meu nome e no nome do Pobo Galego_
Entre todos habémolo de conseguir !!
Apertas,
Carlos Henrique Fernández Coto
Arquitecto e promotor da petición