viernes, 7 de junio de 2013

XORNADAS DE AUTOXESTIÓN DA SAUDE EN VILAGARCIA

A CNT organiza unhas xornadas de autoxestión da saúde para os sábados 8 e 15 de xuño no auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa a partir das 17:30 no seminario 2.
Programa:

8 de xuño ás 17:30 charla-debate.

jueves, 6 de junio de 2013

Taller de Debuxo urban e cadernos de viaxe organizado pola Galería El Taller (Santiago)

Debuxo urbano e cadernos de viaxe

Un taller de 8 horas para explorar as posibilidades do debuxo rápido na rúa. O autor mostrará na introdución teórica os seus cadernos ao tempo que comenta os soportes e as técnicas gráficas máis axeitadas, a selección de encadres e motivos, e explicará os recursos básicos do debuxo, como son a perspectiva, o encaixe, a figura, as texturas, o claroscuro e a cor. Na parte práctica sairase á rúa para debuxar do natural en diferentes puntos da cidade.

EXHIBICIÓN DE BAILE GALEGO

Asoblog organiza esta fin de semana unha exhibición de baile galego, non faltedes!

lunes, 3 de junio de 2013

Paseo de San Tomé no solpor (3-VI-2013)

Por fin un verdadeiro día de primavera: sol, brisa suave, un mar fantástico e as últimas luces do día nun dos meus recantos preferidos de Cambados.


UNHA ESTRAÑA ROTONDA IRROMPE ENTRE OUBIÑA E TREMOEDO

No límite entre Oubiña e Tremoedo levantouse unha sorte de rotonda que, como mínimo, deixa estupefacto ao condutor. Nada de céspede nin de esculturas. Alí optouse por apilar unha chea de postes de pedra e rodealos con rede de obra para indicar non se sabe que. No Concello de Cambados explican que é probable que corresponda ás obras da rede de camiños da parcelaria que se executa en Oubiña, pero, matizan, a chapuza está en terreos de Vilanova. 

CAMBRE “RESUCITA” O BUS BÚHO PARA QUE OS MOZOS ACUDAN ÁS FESTAS MÁIS POPULARES DE GALICIA, ENTRE ELAS A DO ALBARIÑO DE CAMBADOS.


Un goberno do Partido Popular (o autonómico) enterrouno,  e outro do PP (o de Cambre) vai resucitalo. Os mozos poderán volver utilizar o denominado bus búho sempre que queiran acudir ás festas máis populares de Galicia como a Festa do Albariño, de Cambados, ou o San Froilán, de Lugo, entre outras. 
Baixo a denominación “Festa Segura”, o Concello, que preside Manuel Rivas, pretende que os mozos do municipio non teñan que facer uso do vehículo particular e, a base de autobuses sufragados pola entidade municipal, non asuman riscos innecesarios ao volante. 

sábado, 1 de junio de 2013

Agardando turno na barbería Fariña

Calquer lugar é bo para debuxar o que atopas ao teu redor. Nesta primavera, que segue dando tan poucas oportunidades para saír á rúa, tiven que botar man dos interiores, salas de espera, mercados, aulas, etc. par facer apuntes.

jueves, 30 de mayo de 2013

OS PAIS DO CABANILLAS CREAN UN BANCO DE LIBROS PARA FAMILIAS CON POUCOS RECURSOS

O instituto Ramón Cabanillas de Cambados pon en marcha un banco de libros para que as familias con fillos no centro poidan aforrar algo de diñeiro. Os interesados en participar teñen que entregar en donación os libros de texto do presente curso para que queden en depósito no instituto, que os repartirá a inicios do próximo entre aqueles alumnos que teñan maiores dificultades para adquirilos de primeira man. 
Os interesados teñen que recoller un modelo de inscripción que se reparte no centro. A asociación asegura que esta iniciativa xa foi probada en cursos anteriores, aínda que sen éxito, polo que fai un chamamento a todos os estudantes e as súas familias para que nesta ocasión unan forzas.

VIAXE COSMICA POLA RIA DE AROUSA. O COCIÑEIRO É TONINO BOTANA.

O vindeiro sábado 15 de xuño terá lugar o “Viaxe cósmica pola Ria deArousa”, no Gran Cormorant Jet. No facebook de Toñito de Poi podiamos ler o seguinte post:
Viaxe Cósmica pola Ría de Arousa

O cociñeiro Antonio Botana, posuídor dunha Estrela Michelín, explícanos o menú que imos degustar no Gran Cormoran Jet durante a Viaxe Cósmica pola Ria de