sábado, 12 de enero de 2013

EVENTO ASOBLOG SALNÉS, VALORACIÓN FINAL

A valoración que facemos na Asociación Cultural Asoblog Salnés do evento organizado o 30 de decembro pasado é moi positiva, traballouse arreo con escasos medios pero con moita e desinteresada colaboración e conseguíronse moi bós resultados.

A continuación tedes un resumo do que dou de si o evento: videos, fotos, aparición na prensa, reseñas en blogs....

Este video elaborado polo noso compañeiro blogueiro, Manolo Busto, anque algo caseiro debido aos pobres medios materiais que tiñamos,  pode dar unha idea do que foi o evento a quen non asistiu:





Este outro feito por Eduardo Apariz (fillo) xa ten un toque máis profesional e fai fincapé sobre todo na deseñadora Eva Soto e na modelo Alessandra Apariz (a súa irmá).




Se clikas na fotos inferiores poderás ver as fotos feitas por Eduardo Apariz (pai):

As do fotógrafo Julián Calvo


E as do noso compañeiro blogueiro Marcos Escudeiro Vieites colgadas no facebook:



De Marcos seleccionamos estos estupendos collages:


Lorena e Merchy preparando o desfile:

Perruquería e maquillaxe









Vestir ás modelos






E por fin o desfile:

O Salón de Peña a rebentar



Marta Varela



Eva Soto



Mónica Guillán


Conexión Dance puxo a música


O Diario de Arousa fíxose eco do evento, mil grazas, e o artigo publicado foi o más lido na edición dixital do xornal durante unha semana!

Este foi o seu titular:


Pasarela de primer nivel con cantera en Cambados


Valentín Estevez, Presidente da Asociación,  e Lorena Acha foron entrevistados por Arousa Si radio 


Tamén asistiron ao evento varias compañeiras blogueiras de Lorena Acha que coma ela teñen blogs de moda moi visitados, nestes enlaces podedes ver algunhas das reseñas nos seus blogs:


Adriana, de Anouckinha's closet:


Lara de Lluvia Ácida:


E Sabela, unha das modelos:


E acabo dando as grazas a todos os que colaboraron e moi especialmente a:

Lorena Acha, Sandra Abal e Ramón Nogueira

As perruqueiras e maquilladoras Merchy Pintos e B y M

Aos fotógrafos: Marcos Escudeiro, Julián Calvo e Eduardo Apariz

Aos videoartistas: Eduardo Apariz (fillo) e Manolo Busto

E por suposto ás deseñadoras e modelos, á Fundación Vicente Risco e á familia Martínez -Risco, Guadi Galego e aos nosos patrocinadores:

Concello de Cambados, Cambados Zona Centro, Arousa Si Radio Salnés, Conexión Dance, Florería Hedra e Libraría Ramón Cabanillas.







PARABÉNS A TODOS E TODAS E ATA PRONTO!!!

(Lorena xa está traballando en novos proxectos)







2 comentarios:

  1. Noraboa polo proxecto, agardamos un novo con impaciencia.
    Aproveito para expoñer aquí unha dúbida sobre o mundo web en Cambados, sabedes algo sobre a páxina oficial do concello? mirade con que nos atopamos ao entrar...http://www.cambados.es/
    un saúdo, e de novo parabéns.

    ResponderEliminar
  2. parece que están facendo unha nova, xa poden! creo que teñen unha subvención de 80.000 euros e pico.

    un saúdo

    ResponderEliminar