jueves, 10 de enero de 2013

DERRADEIROS DIAS DA EXPOSICION DE JOSE BELLVER





Derradeiros dias para ver a exposición de fotografía de D. José Bellver Álvarez no Pazo de Torrado. Magníficas fotografías de Cambados e outros puntos da Provincia de Pontevedra. A destacar o video de dez minutos aproximadamente  e no que se pode ver un Cambados descoñecido para a maioría de nos. Foi feito en 1931.


A exposición pecha o vindeiro domingo dia 13. Dende eiquí animámosvos a visitala, non vos defraudará.

José Bellver Álvarez ( Ponferrada, León, 1896- Pontevedra, 1968) estivo destinado en Cambados como xuíz de primeira instancia, e tamén noutras localidades como Caldas, Ortigueira ou Redondela. O seu derradeiro destino foi en Pontevedra onde se xubila coma Maxistrado da Audiencia Provincial. Alí morre en 1968.

Foi un gran afeccionado á fotografía que combina tamén co seu interese pola pintura e o cine. Durante a súa estancia en Cambados nos anos 20-30 tomou numerosas fotografías da vila, das súas rúas e monumentos e das súas xentes, recollendo esceas do mercado -que naquel entón aínda se celebraba en Fefiñáns- ou do traballo dos mariñeiros.

O fondo documental de Bellver está custodiado no Museo de Pontevedra, e en Cambados expóñense agora 62 imaxes, seleccionadas pola comisaria María Reyes Camiña. A exposición estará aberta ata o 13 de xaneiro, no Pazo de Torrado.

2 comentarios:

  1. creo que polo éxito que tivo van ampliala un tempo

    ResponderEliminar
  2. Parece se que se aumentará o tempo de estadía da exposición en Torrado, pero non sei definitivamente cantotempo será.

    ResponderEliminar