miércoles, 2 de octubre de 2013

Baixamar en Lordelo (O Grove) (130x97) (IX-2013)

A luz que se atopa no barrio de Lordelo (O Grove) é moi semellante á que gozamos en San Tomé, por iso é un dos meus recantos preferidos desa vila.

sábado, 7 de septiembre de 2013

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA UN CONCURSO DE PINTURA

O Concello do Grove convoca o primeiro concurso de pintura figurativa relacionada co patrimonio histórico e artístico do Grove. O premio son 1000 euros e o prazo de presentación remata o 30 de setembro do 2013.


lunes, 2 de septiembre de 2013

Xa se publicou o meu último traballlo en formato caderno de viaxe. O meu querido RIBADEO.

Estes son algunhos dos debuxos que poden verse no interior do caderno. Está publicado pola Asociación Cultural Casa das Letras de Ribadeo.



A COLECCIÓN DE ARTE DE NOVACAIXAGALICIA

O Emigrante, óleo de Castelao que posúe a Fundación Novacaixagalicia

A mellor colección de arte galega que existe na actualidade está en mans da Fundación Novacaixagalicia, fundación creada como entidade independente xurdida a partir da fusión bancaria de Caixa Galicia e Caixanova e a posterior nacionalización por parte do FROB.

Novagalicia Banco vai ser vendido polo FROB probablemente no vindeiro mes de outubro. Que pasará coa Fundación, a súa Obra Social e a colección de arte? non se sabe. E cabe a posibilidade que todo isto pase a mans de inversores extranxeiros que pode que non vexan nesta colección de arte máis que un valor económico. Unha colección de arte que foi mercada cos aforros de tod@s @s galeg@s.

Xa que se van vender as antigas caixas galegas, xa que se vai perder un patrimonio que se xuntou, insisto, co noso aforro, salvemos polo menos a colección artística. Entra na súa páxina. Hai obras de Castelao, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo... e de artistas cambadeses como Asorey ou Francisco Leiro.

Hai unha iniciativa en internet a través da plataforma change.org pedindo toda  a colección pase a ser BIC (ben de interese cultural) e se exhiba na Cidade da Cultura.

jueves, 1 de agosto de 2013

FESTIVAL FOTOGRÁFICO PROXECTA


 Este ano os organizadores do Festival Fotográfico "Proxecta" (o fotógrafo Jose Luiz Oubiña entre eles) decidiron trasladalo de Vilagarcía a Cambados. Este é o seu recomendable programa:


Programación Fotográfico Festival Proxecta 2013


1)  Realizar unha sesión nocturna de +- 60’min con proxeccións de fotografías ao ar libre con traballos desenrolados por fotógrafos profesionais nacionais e internacionais. A proxección ao ar libre ten como aliciente a posibilidade de achegamento ao arte da fotografía a unha grande parte da poboación que non ten o costume de frecuentar galerias e salas de arte, facendo da rúa unha gran sala de exposicions. Suxírese que o tempo máximo total das proxección non sexa máis de 60 minutos (dado que segundo os estudos é o tempo máximo de plena atención dos seres humanos). O número de participantes é de unha ducia de fotógrafos. Dia: 17/08/2013. Horário: 22:30. Lugar: Plaza Fefiñans (en caso de choiva Auditório da Xuventude Cambados). Duración: Unha xornada nocturna;

2) Exposición fotográfica “Premio fotojornalismo 2012 - Estação Imagem Mora”: Reune as millores imaxes fotoxornalísticas feitas polos reporteiros de Portugal e Galicia. Dia: 17/08/2013. Hora: 13:00 (inauguración). Lugar: Pazo de Torrado. Duración: 1 mes;

3) Mercadiño “Proxectado”: Actividad dirixida a fotógrafos profesionais e amadores. Buscase a traves dun mini mercadiño fotográfico que os participantes divulguen, intercambien e vendan as suas imaxes, as suas idéias, as suas fotos e libros. Que se fale e discuta a fotografía, que se organize e divulguen as futuras exposicions; e que inclusive haxa a posibilidade de intercambios, trueques e venda de fotos persoais e material fotográfico novo e de coleccionismo. Dia: 17/08/2013. Hora: a partir das 16:30. Lugar: Praza de Asorey. Duración: 1 día (tarde e noite);

4) Exposición fotográfica ao ar libre “Paisaje desde el Arcén” de Francis Tsang: Facer unha mostra aberta ao publico e ao ar libre de fotografías en grande formato. As fotos son do “Tour” e da “Vuelta” correspondentes aos anos 2001 e 2002, e da última “Vuelta a España 2012”. Penduradas en lugares públicos da cidade, copiadas en ploter vinilico/lonas para que soporten as inclemencias climáticas. Dia: 18/08/2013. Hora: 12:00 (inauguración). Lugar: Ruas Real e Principe (Paso da crono por equipos “Vuelta 2013”). Duración: +- Veinte días;


5) Charla de Francis Tsang: Charla sobre Fotografía. Dia: 17/08/2013. Hora: 17:30. Lugar: Auditorio Exposalnés (ex-Centro Comarcal). Duración : +- 2 horas.
  

viernes, 12 de julio de 2013

Cartel anunciador da Festa do Albariño 2013 (70x50)


O noso compañeiro blogueiro e pintor,  Eduardo Baamonde foi o encargado de deseñar o cartel das festas do Albariño deste ano.

jueves, 4 de julio de 2013

Sesión de acuarela al aire libre en Cambados (VII-2013)


Josebe Arrillaga gravou esta sesión de acuarela ao aire libre polas rúas de San Tomé. Agardo que vos animedes a debuxar os fermosos recantos que temos no Salnés.

lunes, 17 de junio de 2013

San Martiño de Agudelo (Barro)

Onte comencei cunha tranquila e prometedora xornada de pintura ao aire libre aproveitando a fermosa imaxe que ofrece esta capela que conserva un ábside do século XII. Mágoa que a aparición da intempestiva choiva botara abaixo ás miñas expectativas.