sábado, 1 de septiembre de 2012

Cociña: Vieiras ao forno

Para comenzar esta nova andadura da que todos os luns falarei de cociña, publicando receitas sinxelas e artigos sobre eventos gastronómicos que se fagan na nosa comarca quero empezar cun dos mariscos máis emblemáticos da nosa ría: as vieiras e cunha receita tamén clásica e que esta presente en moitas das nosas comidas familiares e festivas.

Agárdovos  todos os luns nesta sección de cociña.


Vieiras con xamón ao forno




Ingredentes para 6 vieiras:
6 vieiras por persoa
1 cebola
3 lonchas xamón sérrano
2 dentes de allo
pan relado
coñac
1/2 vaso vino albariño
aceite de oliva
perexil

Preparación:

Limpamos as vieiras e as poñemos nun pouco de coñac, eu soio deixalas toda a noite. Reservamos as cunchas

Poñemos un cazo ao fogo cun pouco de aceite de oliva, botamos o allo picado e cando empece a moverse pool aceite botamos a cebola ben picada, deixamos pochar.
Engadimosol 1/2 vaso de viño e o perexil picado, deixamos que se reduza o alcohol e engadimos as lonchas de xamón ben picado. Deixamos cociñar un minuto.

Poñemos as vieiras nas cunchas e cubrimos coa cebola pochada. Botamos por riba un pouco de pan relado.

Quentamos o forno a 180º e metemos as vieiras durante 15-20 minutos, ata que vexamos que o pan empeza a dourarse.


Sacamos do forno e listas para servir quentes.



Un saúdo, Rocio.

1 comentario: