sábado, 5 de enero de 2013

Louzán e cando as barbas do veciño vexas......



Sorpréndennos estes días as actuacións xudiciais contra José Luis Baltar, non polo delito en sí, colocar a dedo a centos de persoas senón porque se tardara tanto en facelo. Máis de 20 anos como presidente da Deputación de Ourense e a xustiza entérase agora, a xente xa chegou a pensar que era "normal" ou dito doutro xeito "legal" eso de darlle traballo aos amigos.  Pero non nos metamos coa xustiza, xa sabemos que é lenta e tirando novamente de refráns, máis vale tarde que nunca.

Pero do que nos interesa falar neste blog é doutro presidente de Deputación, Rafael Louzán, vós xulgaredes se hai paralelismos entre estes dous personaxes. Para facer un artigo serio puxémonos a buscar en internet e hemerotecas o que se di del e atopamos xoias como estas:


Di a wikipedia que Rafael Louzán Abal é un político e empresario galego. O de empresario non o sabiamos. Eu sigo sen entender como se permite ter un cargo público e exercer unha actividade empresarial a un tempo se ademais temos en conta que se iniciou na política antes que na empresa dado que a súa primeira profesión foi a de conserxe no Concello de Ribadumia. 


Precisamente das súas orixes fálase no  xornal El País, que publicaba no 2001 un artigo titulado:  "Una 'sorpresa' poco sorprendente. La detención de un alcalde rememora la viejas conexiones de dirigentes del PP gallego con el contrabando". Nel fálase de José Ramón Barral Martínez, "Nené", ex-alcalde de Ribadumia, forzado a dimitir ao seren acusado de contrabando de tabaco e blanqueo de capitais. Dise del no artigo que:

" hace tres décadas fue uno de los principales introductores del contrabando a gran escala en la ría de Arousa y con él se iniciaron en el negocio muchos de los que andando el tiempo se convertirían en los grandes capos del narcotráfico en Galicia. Por eso, a los vecinos de Ribadumia -que, pese a todo, le apoyan mayoritariamente- no les sorprendió la detención. Por lo visto, sólo al PP gallego lo cogió desavisado. Entre los que se declararon más sorprendidos por el arresto de Nené está el presidente del PP de Pontevedra, Rafael Louzán, quien en los últimos años ha trabajado al lado de Barral hasta protagonizar una fulgurante carrera política: comenzó como ujier del ayuntamiento de Ribadumia -del que sigue siendo concejal- y llegó hasta vicepresidente de la Diputación y líder provincial del partido. A Louzán no sólo le sorprendió la detención sino el descubrimiento de que durante dos años había figurado -sin él saberlo, según dice- como consejero de una de las empresas de Nené. Louzán sí admitió haber sido unos meses socio de otra firma propiedad de Feliciano Barral, hermano del alcalde, presidente local del PP y detenido también en la operación anticontrabando del lunes".
Fixádevos que pese aos estreitos lazos entre Louzán e Nené,  este ficou moi sorprendido da súa detención e incluso descubriu que formaba parte sin sabelo do consello de administración dunha empresa de Nené. Así se debeu de iniciar no mundo da empresa, sin sabelo. Tamén sin sabelo se debeu de convertir nesa especie nova, endemismo propio da comarca da Arousa onde se mestura o Cacique tradicional do que tanto falou Cabanillas, que reparte favores a cambio de votos e o contrabandista que recurre a técnicas mafiosas. Un híbrido altamente perigoso.

Outro artigo do País do ano 2007 é tamén  moi esclarecedor:  "Parientes y amigos de Louzán copan puestos en la Diputación de Pontevedra. Sólo de Ribadumia, pueblo natal del presidente, hay más de 40 contratados". Lémbravos a alguén?.

Hoxe os xornais tamén falan de Louzán xa que conseguiu que Mariano Rajoy inaugurase o sexto edificio do Museo de Pontevedra que por certo xa estaba feito dende o 2008. Boa manobra ao meu entender deste raposo da política que se fai fotografar co Presidente do Goberno, que por certo o precedeu como Presidente da Deputación, co presidente da Xunta e a presidenta do Parlamento, é dicir os máis altos cargos institucionais. Bo antídoto para que o partido e o Goberno o defenda a capa e espada no caso de que  algún xuíz ou fiscal de repente se dea conta de que poñer a xente a dedo na Deputación (entre outras moitas cousas), nin é normal, ni  é legal.





Conduce a moto Rafael Louzán, detrás del está o ex-edil do PSOE de Gondomar, Manuel Gómez,  que deixou o partido para apoiar un cambio de goberno na vila pontevedresa en favor do PP. Parece ser que é o propietario da colección de motos antigas que o Museo de Pontevedra exhibiu fai uns meses

No hay comentarios:

Publicar un comentario