miércoles, 9 de enero de 2013

O FESTIVAL DO NORTE DE VILAGARCÍA, NO AIRE






Cartel anunciador do ano pasado




Vilagarcía pode quedar sen o Festival do Norte. Tras once anos como un dos festivais de referencia da escena independente española, o seu futuro non está nada claro. E todo pola falta de apoio económico por parte do Concello. "Vilagarcía é a nosa primeira opción, pero non podemos esperar moito máis", explica o productor Toño Caneda. "Se aquí non nos queren, temos outras opcións e valorarémolas".
Tal e como solicitou o goberno municipal, tras quedarse sen subvención para 2013, os organizadores do Festival do Norte presentaron un proxecto detallado do evento o pasado 5 de decembro "e desde entón nada". Algo que, segundo Toño Caneda, demostra que "non debe interesarlles moito un evento que atrae a unhas 20.000 persoas e que deixa moito diñeiro en Vilagarcía".
"Eles teñen que crer no proxecto. Non pode ser que tras doce anos teñamos que seguir explicando todos os anos quen somos", explica o responsable de Producciones Culturales Independientes, organizadores do Festival do Norte. E poñen data a este compromiso. Asegura que "dun xeito ou outro" a solución terá que chegar antes de que finalice este mes de xaneiro. É o prazo que lle dan ao Concello para garantir a súa continuidade.

En todo caso, a organización do festival segue traballando na organización desta duodécima edición. A principal novidade sería a data. Pretenden que o Festival do Norte deste ano celébrese os días 17 e 18 de maio, coincidindo coa ponte do Día das Letras Galegas. "Iso permitiríanos que máis xente puidese vir e quizais, facer algo xa previo na noite do xoves".
En principio, o Festival do Norte quiere manter os prezos do ano pasado. "A subida do IVE non a repercutiremos no prezo", aseguran os seus organizadores, malia que cren que o aumento do 13 por cento neste imposto "é unha barbaridade". Pero teñen unha cousa ben clara. "Non podemos poñer as entradas a 70 ou 80 euros, sería unha falta de respecto a un público que sempre nos tratou moi ben".
E que pasa co cartel? "Falamos cos grupos e está moi avanzado", recoñece Toño Caneda. "Pero está todo en stand-by". Asegura que ten comprometida a asistencia dalgúns dos grupos máis importantes da escena indie, pero necesitan aclarar canto antes o futuro do festival. "Teñen a data reservada para nós, pero non podemos telos esperando. Renuncian a outros compromisos por vir e non é xusto que perdan as dúas datas".

Os organizadores calculan que o orzamento do Festival volverá roldar os 400.000 euros. "Costa moito diñeiro, sobre todo por todo o que hai ao redor do festival", explica Toño Caneda. "Nós sabemos que hai que asumir un risco, pero sen apoio das institucións sería imposible sacalo adiante". Por iso é polo que vexa moi negro o futuro da cultura neste país. "Estano paralizando todo, é un desastre", asegura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario