domingo, 23 de diciembre de 2012

O conflito Agamar-Benito Pelea continúa

Carlos Martínez González , presidente da Asociación de Rañeiros da Confraria de Pescadores de Cambados fainos chegar a documentación das denuncias presentadas nos xulgados contra Benito Pelea, Presidente da Federación Galega de Confrarías.

 A documentación que recibimos mostra dúas denuncias:

- Unha máis antiga presentada por seis socios da Confraría de Pescadores de Cambados: Carlos Martínez González, José María Vázquez Pomares, Teresa Bugallo Piñeiro, Luis Costa Oubiña, Paulo Rial Abal e Ruperto Costa Fernández. A denuncia foi presentada o 26 de xuño do 2012.

Nela denúnciase entre outras cousas a percepción irregular por parte de Benito Pelea de 103.764 euros que figuran na documentación pública da Confraría de pescadores como "Retribución Presidente"  ao longo dos exercicios de 2008, 2009, 2010 e 2011. Dita retribución é incompatible coa normativa en vigor que establece que "todos los cargos serán obligatorios y gratuitos".

- Unha segunda denuncia presentada por Natalia Laíño Lojo, presidenta da Asociación Gallega de  mariscadoras/res  en novembro de 2012 reitera o exposto na denuncia anterior e ademais chama a atención sobre o recén elaborado borrador, presentado ante a Consellería do Mar no que se está intentando modificar a normativa anterior que establecía o carácter gratuíto dos cargos. Maniobra, ao seu xuízo, que intenta "legalizar" a percepción irregular desas cantidades por Benito Pelea e resalta ademais a connivencia dos responsables da Consellería do Mar co Patrón Maior cambadés.



A prensa local faise eco da nova presentando os dous puntos de vista:



O noso compañeiro de A ti meu cambados tamén falaba do tema recentemente