O salón de plenos do concello de Cambados acolleu a presentación do I Torneo de Seleccións Territoriais Cadetes. Un campionato no que participarán oito conxuntos, sete españois e un portugués, e que disporá de tres sedes: Meaño,Sanxenxo e Cambados, nos pavillóns do Coirón, Baltar e O Pombal.
Do 28 ó 30 do presente mes de decembro dispútase o I Campionato Cadete Comunidad de Galicia. Celébrase como substituto do Campionato de España de 2013, que foi aprazado polo Consello Superior de Deportes.
Pavillón do Pombal |
Un campionato no que particpan oito seleccións territoriais, sete españolas e a portuguesa, de Oporto, tanto en categoría masculina como femenina. Estarán, Galicia, Extremadura, Cantabria, Castela e León, Madrid, Asturias e Euskadi. Os anfitrións debeutarán contra os extremeños o día 28 ás 16:30: eles xogarán en Cambados e elas en Meaño. As finais están programadas para o día 30, a femenina en Coirón ás 11:00 e a masculina ás 12:30 no Pombal.
Con este torneo, os alcaldes dos municipios protagonistas, pretenden incentivar o interese dos rapaces polo deporte e polo balonmán. Tamén terá a súa repercusión positiva a nivel económico, xa que moverá a máis dun milleiro de persoas pola comarca durante ese días, 300 deles, xogadores.