viernes, 9 de noviembre de 2012

PREMIO RAMÓN CABANILLAS

NOVAS.  Hoxe 9 de novembro, coincidindo co 53 aniversario do pasamento do poeta cambadés, fíxose entrega do III Premio Ramón Cabanillas que ao parecer dá o Concello de Cambados a "aquelas entidades, institucións ou persoas que teñan relación coa Cultura dentro de Cambados". Este ano a agasallada foi a UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) que leva varios anos organizando cursos de verán en colaboración co Concello e a Diputación de Pontevedra e que se veñen celebrando no Museo do Viño. Neste enlace podes ver o video que emitiu Canal Rías Baixas sobre o evento.


Despois de ver o video atrevémonos a comentar tres cousas: a pouca xente que pode acudir ao acto dada a hora en que se celebra. As palabras de eloxio que a directora da delegación da Uned en Pontevedra dedicou ao noso Concello "tan preocupado pola educación, a cultura e a formación". E finalmente comentar  a confusión que ten a prensa cos premios Cabanillas. Que lembremos o primeiro premio Ramón Cabanillas (o do Concello, porque sabedes que hai outro máis antigo que outorgan as librerías de Cambados) foi para o escritor do Grove Luís Rei Núñez no 2010, primeiro ano en que se outorgou, o segundo foi no 2011 e doúselle ao escultor cambadés Manolo Paz. Non sabemos nada de que se lle concedese á Academia Galega de Belas Artes nin ao seu membro Miguel Fdez Cid como dixeron varios medios de comunicación. Quizais se barallou tamén, quedará para o ano que vén?.

Maribel Iglesias

No hay comentarios:

Publicar un comentario