lunes, 1 de octubre de 2012

Cociña: tartaletas de cogumelos, pementos e xarda picante



Moitas veces non sabemos que facer de cear e recurrimos aos revoltos ou a tortilla francesa, pois a proposta de hoxe é unha mistura das dúas opcións pero con pouco traballo e sen manchar case nada. Ademáis estamos en outono tempo de cogumelos e nada mellor que aproveitalos cando estan na mellor tempada e ademáis temos unha boa variedade deles e con sabores diferentes, pero lembrade que si saides ao monte a por eles procurade so recoller os que coñecedes ou que vos revisen as cestas persoas que si entenden e os saben diferenciar poís vida so temos unha.



Tartaletas de cogumelos, pementos e xarda picante




Ingredentes:

obleas de empanadillas
cogumelos
pemento vermello asado
xarda en salsa picante en conserva
ovo
leite desnatada
aceite de oliva

Preparación:

Nunha tixola poñemos un pouco de aceite de oliva e botamos a saltear os cogumelos picados. Unha vez salteadas engadimos o pemento morrón que xa temos asado e picamolo en cachos e a xarda en conserva picada. Misturamos ben.

Poñemos as obleas nos moldes e recheamos co salteado anterior.
Batemos o ovo e lle engadimos un chorro de leite desnatada. Acabamos de rechear as obleas co ovo batido.

Metemos o forno que xa temos precalentado, a 180º durante 15 minutos, ata que vexamos que o ovo este callado e as obleas douradas.
Sacamos do forno e deixamos tibiar un pouco antes de servir.

Agardo que vos gusten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario