domingo, 23 de septiembre de 2012

HISTORIA: TEMPORAL EN CAMBADOS


Maribel Iglesias. Xa que estamos sufrindo o primeiro temporal do outono aproveito para poñer unhas fotografías  de temporais sufridos en Cambados noutras datas.


 
Corresponde esta foto (supoñemos) a un temporal que trouxo a inundación do paseo da Calzada, esas palmeiras parecen as que están diante do Concello (algo máis pequeñas que as actuais). Ao fondo vese Fefiñáns, e á esquerda o pretil ou “peitoril” do malecón antigo. Aventurándonos a dar unha data podería corresponder aos anos 50, pero non estou moi certa.




 Nesta foto é posible ver o antigo malecón que estaba situado á beira da que hoxe é a Avenida de Galicia. Os recheos posteriores permitiron gañar ao mar moito terreo no que se construíron entre outras cousas, o Reboredo, a moblería Leiro, ou o  Centro de saúde. Porén daquela como vemos na foto a avenida de Galicia miraba directamente ao mar. Ao fondo da foto vese o Concello, a continuación o Cine Cervantes que era antes o Salón Variedades (hoxe edificio de Mont-Blanc). Por Xoán-Antonio Pillado sabemos tamén que ao seu carón estaba a casa de Antonio Cuíñas, e no seu baixo había unha tenda de ultramarinos chamada “el Seguro” e unha fábrica de gaseosas co mesmo nome. Á dereita de todo está a casa de Elías Porto, armador de barcos. Moitas destas casas foron derrubadas posteriormente, porén algunas aínda se conservan hoxe como na que estivo a imprenta Fariña.


Esta foto xa é bastante máis recente, xa existe o paseo novo da Ribeira de Fefiñáns  e aseméllase máis ao que podemos ver un día coma hoxe en Cambados.

Ata a semana que ven.


No hay comentarios:

Publicar un comentario