lunes, 24 de septiembre de 2012

Cociña: Peixe sapo con ameixas


Unha receita clásica pero que non debe faltar nos nosos cadernos de cociña. Sinxela pero chea de sabor, onde están presentes as ameixas da nosa ría e o peixe sapo tan habitual nos nosos mercados.

Peixe sapo con ameixas




Ingredientes:
Dous toros de peixe sapo por persoa
Ameixas
1 pataca grande por persoa.
1 cebola
fariña
1 copa de viño branco albariño
aceite
pementa
caldo de peixe o auga
sal
perexil
azafrán en fíos

Preparación:

Nunha cazola de barro cubrir o fondo coa cebola cortada en aros.
Fritimos un pouco as patacas cortadas en lascas finas e unha vez listas as poñemos encima da cebola.

Cortamos o peixe sapo en toros e sal-pimentamos ao gusto. Pasamos por fariña os toros de peixe sapo, escorrendo o sobrante. Dourar o peixe sapo en aceite quente para que quede ben selado. Unha vez dourado o peixe sapo poñerllo enriba das patacas que teñamos na cazola de barro.

Botar as ameixas a cazola de barro e  botamos o viño branco, un bo chorro de aceite de oliva e os fíos de azafrán. Botamos o caldo de peixe ou  auga ata cubrir as patacas.

Quentamos o forno a 200º e  metemos no  forno 20 minutos, baixando a temperatura a 180º.

Cando este listo  sacar la cazola do forno e esparexemos un pouco de  perexil picado.

E listo para comer. Bo proveito.

Máis receitas en: "La cocina de mi abuelo" ou na versión en galego: A cociña de meu Avó

No hay comentarios:

Publicar un comentario