lunes, 18 de febrero de 2013

PAZO SEÑORÁNS PRESENTA A SR.CHINARRO EN CONCERTO





Non é habitual que unha adega da D.O. Rías Baixas acolla un concerto de música. E menos que sexa dunha das grandes estrelas da escena independente española. É o que fai tan interesante a proposta que nos fai Pazo de Señoráns, a firma radicada en Vilanoviña (Meis). Será unha das tres paradas da xira galega coa que Sr. Chinarro presenta o seu último traballo discográfico,Enhorabuena a los cuatro.
Trátase do decimocuarto disco deste artista sevillano, aínda que malagueño de adopción. Un conxunto de 12 cancións nas que se rodeou de bos amigos, como Linda Mirada, Anni B Sweet, Zahara ou Guille Mostaza (Ellos), e coas que demostra unha vez máis a súa intensa actividade durante os últimos anos, xa que os seus dous álbumes anteriores,Presidente Menos samba, saíron en 2011 e 2012, respectivamente.
Enhorabuena a los cuatro foi gravado o pasado mes de setembro nos estudos Red Bull Studios, situados en Matadero Madrid, un lugar no que, segundo manifestou na súa web Antonio Luque, nome tralo que se esconde Sr. Chinarro, sentiuse "como en casa".

Aos artistas antes citados súmanse outros nomes que tamén colaboraron no disco, como o técnico do estudo, Oswaldo Terrones, ou Marc Greenwood e Pau Roca, de La Habitación Roja. O primeiro como productor, baixista e teclista, e o segundo como guitarrista, teclista "y lo que hiciese falta", en palabras de Luque.
Antonio Luque / Sr Chinarro converteuse nun icono que transcendeu á escena independente na que se formou. Á súa incontestable carreira como grupo aválana xa 14 discos que lle reservaron un lugar de honra nos libros de historia do pop español. Estes discos, á súa vez, recoñecéronlle como letrista influinte. A súa prosa, plagada de costumismo e de folklore, publicouse en libros (o segundo,Exitus, editado recientemente), en xornais, revistas e blogs, e ter parte de culpa da popular reivindicación do castelán nos novos grupos de pop.
O concerto de Sr. Chinarro na adega Pazo de Señoránscelebrarase o próximo 15 de marzo ás 21:30 horas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario