Luís Silvoso dirixiu durante 13 anos a única Galería de Arte cambadesa, Borrón-4 e unha das poucas do Salnés. Luís dou a oportunidade a moitos artistas da bisbarra e de fóra da bisbarra de expoñer nese espazo, contribuíndo enormemente á dinamización da vida cultural cambadesa. En outubro de 2011 a consecuencia dun derrame cerebral morre con 57 anos. A derradeira exposición que Luís organizou na galería pertencía a Manolo Busto e foi este artista quen tivo a idea de editar o libro de homenaxe ao galerista que agora se presenta. Manolo Busto e eu mesma encargámonos de recoller e organizar a información que nos facilitou Teresa Escariz, a súa viúva. O xornalista Carlos Crespo maquetou o material para a súa publicación.
Luís e a súa filla Mariña na entrada á Galería Borrón-4 na Avenida de Galicia.
Inauguración da Galería Borrrón-4 en xullo de 1998. Aparecen Manolo Paz, Xaquín Chaves, Luís Silvoso, Antón Lamazares e Juan Silva.
No acto intervirán:
Alberto F. Escariz, fillo do homenaxeado
Manolo Busto, pintor
Maribel Iglesias, mestra
Baldo Ramos, artista e escritor
Teresa Escariz, viúva de Luís, fíxose cargo dos costes de edición. O libro estará á venda polo prezo simbólico de 5 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario