viernes, 8 de febrero de 2013

Minte o Concello?...

O Muíño da Seca

Minte a nota de prensa do Concello ou minte a Voz de Galicia publicando esta nova?:


Cambados se convierte en el concello de la provincia con más distintivos de calidad turística

El galardón se concede a los cuatro museos de la villa y a la oficina de información turística


Xa o noso compañeiro de Asoblog Arturo Cores se extrañaba no seu blog de que uns museos que están a maior parte do ano pechados consigan unha certificación turística de calidade. Picounos a curiosidade e puxémonos a investigar. Dende o ICTE, Instituto para la calidad turística española confirmáronnos que había un erro (?) non se trata da Q de calidad turística, galardón que esixe cumprir unhas normas bastante estritas, senón un distintivo de "Compromiso de calidad turística" que implica únicamente cumprir cun Manual de boas prácticas e unha autoevaluación feita polos propios solicitantes. A xestión da concesión deste distintivo correu a cargo do Patronato de Turismo Rías Baixas, organismo que depende da Deputación de Pontevedra. Por tanto a información da Voz de Galicia, interesadamente ou non, está errada.

O mail que nos enviou a empresa (ICTE) dícía así:

"Nos pondremos en contacto con ellos (A Voz de Galicia) para que no confundan lo que es el Manual de Buenas Prácticas del SICTED con las normas UNE de la “Q”, ya que el Manual no sustituye a la “Q” y ahí es donde han cometido el error".

Para mostrar toda a información que obtivemos tamén hemos de dicir que se fixo unha avaliación externa, por parte dunha consultora privada con sé en Barcelona: CEGOS. Postos en comunicación con eles nos atenderon amablemente e nos aseguraron que os museos de Cambados cumpren coa normativa esixida anque non nos podían facilitar cales eran esas normas e comentaron que elementos como o feito de que os museos estivesen  pechados durante algún tempo ou o número de visitantes que reciban non necesariamente influían na obtención da certificación. Pois é unha mágoa.

A ti meu Cambados socio de Asoblog tamén trataba o tema fai uns meses nesta entrada.

Este é un dos museos que renovan a etiqueta de "Compromiso de calidad turística". A casa do Pescador (ou pon Pecador?). Son veciña do barrio de Santomé e xa non me lembro da última vez que o vin aberto.





Na porta de acceso aparece ben visible o distintivo azul renovado, as placas conmemorativas da inauguración e adhesión á rede museística Galaico-portuguesa, pero nada sobre horarios de apertura ou tel. de contacto en caso de que se queira visitar.


OS ESTABLECEMENTOS DE CAMBADOS QUE SI TEÑEN RECOÑECIDA A Q DE CALIDADE TURÍSTICA SON:



O Parador de Turismo e o restaurante Yayo Daporta

EN VILAGARCÍA:

A axencia de viaxes TEE Travel e Mc Donald's

NO GROVE:

Os hoteis: Spa Atlántico de S. Vicente do Grove, Hotel Bosque-Mar, Hotel Louxo da Illa da Toxa

O restaurante O almacén do avó e o club Naútico S. Vicente do Mar.

1 comentario:

  1. Parabens Maribeel! excelente información, isto si que é periodismo de investigación e serve para quitarlle a careta a estes sinverguenzas

    ResponderEliminar