sábado, 15 de diciembre de 2012

Xa podes ver o primeiro anuncio publicitario de Juan Galiñanes sobre a Festa do Albariño

 Estreábase para o público en xeral  no Auditorio da Xuventude este sábado 15 , o venres houbera xa un pase para prensa e políticos. En total son catro spots publicitarios que o cineasta Juan Galiñanes fixo para promocionar a festa do Albariño. Simultáneamente á estrea no Auditorio facíase unha estrea on-line, pero só do primeiro spot. Para ver os outros 3 en internet haberá que esperar. Aquí está, gustounos.



No video aparecen os mebros do grupo Escuchando Elefantes e colabora como extra o noso compañeiro blogueiro Emmanuel Joven, esta é a súa ficha técnica sacada do blog de Galiñanes


Dirección: Juan Galiñanes
Producción: Eve Martínez
Intérpretes: Escuchando Elefantes (Silvia Rábade, Carlos Tajes), Enmanuel Franco Joven
Fotografía: Olga Osorio, Daniel Almeida
Guion: Juan Galiñanes
Montaje y postproducción: Juan Galiñanes
Sonido directo: Pablo Viña Rebolledo
Postprodución de audio: Jorge Colado
Ayudantes de producción: Abel Sineiro Galiñanes, Sara Dadín Domínguez, Rosana Filgueira Piñeiro, Silvia Cossío
Auxiliar de dirección: Sandra Diz Fontán
Maquillaje / Peluquería: Andrea Garrido Padín

Juan Galiñanes pese á súa xuventude posúe unha estensa traxectoria no mundo audiovisual, especialmente no cinema de animación no que ten obtido numerosos premios como o Mestre Mateo ou o Goya a proxectos nos que el participou como a longametraxe de animación, Sueño de una noche de San Juan. Outros traballos son a curta El bufón y la Infanta co que logra unha nominación aos premios Goya e está a piques de estrearse outra longametraxe de animación na que participa: Holy Night, da productora Dygra Films ( a mesma que fixo El bosque animado e Sueño de una noche de San Juan)