domingo, 30 de diciembre de 2012

ROTUNDO ÉXITO!!!

Cremos que máis de 400 persoas nos xuntamos onte no Salón de Peña de Cambados para asistir á proxección do  video "Galiza emerxente" e ao pase de modelos das deseñadoras cambadesas Marta Varela, Eva Soto e Mónica Guillán. PARABÉNS A TODOS OS QUE COLABORARON!!!

Facemos aquí un adianto do que foi o evento (publicaremos máis cousas).

Presentou o acto Ramón Nogueira, falaron: Luis Martínez-Risco secretario da Fundación Vicente Risco de Allariz, promotores da realización do documental, e Guadi Galego, compositora e cantante galega afincada e Ribadumia, que compuxo a banda sonora do documental "Galiza emerxente". 

E desfilaron modelos coas creacións das novas deseñadoras cambadesas: Mónica Guillán, Eva Soto e Marta Varela, que están colleitando importantes premios, interesante ver o blog de moda de Lorena Acha, que levou o peso da organización do evento.

Un adianto de imaxes do evento (poñeremos máis):

MARTA VARELA



EVA SOTO





A NOVÍSIMA MODELO  CAMBADESA  ALESSANDRA APARIZ





DESFILE DE MÓNICA GUILLÁN




AS TRES DESEÑADORAS AO FINAL DO DESFILE