viernes, 7 de diciembre de 2012

Novas. Rueda confirma hoxe que Exposalnés pasará ao Concello

A Voz de Galicia de hoxe comenta que Alfonso Rueda, recén nomeado Vicepresidente da Xunta, estivo hoxe en Cambados, onde anunciou que a Xunta de Galicia iniciará de inmediato o proceso de reversión para que o edificio de Exposalnés pase de novo a ser do Concello de Cambados, unha vez disoltas definitivamente as fundacións comarcais. O alcalde Luís Aragunde anunciou tamén que o edificio acollerá a oficina de Turismo, parte do arquivo municipal e outras dependencias aínda sen concretar.


Lembremos que a web Cambados TK fixo fai uns meses unha enquisa orientativa de cales serían as preferencias dos cambadeses cara un futuro cambio de uso de Exposalnés. Pese a que non se pode usar como representativa da opinión xeral dos veciños de Cambados, si que daba a entender que se prefire en maior medida  un destino cultural ou social (sé da Fundación Cabanillas, dun Seminario de Estudos do Salnés ou destinada a servizos sociais..)  que outro de tipo administrativo, que parece que é no que  está  pensando precisamente o Concello.