domingo, 2 de diciembre de 2012

Cociña. Cestiños de mexilóns e wakame


A de hoxe é unha proposta sinxela pero moi saborosa e pensando nas datas que se aproximan teremos un aperitivo para sorprender aos nosos convidados.

Cestos de mexilons con wakame





Ingredientes para 4 cestos:

1 lata de mexilóns con wakame en escabeche branco
4 obleas de empanadillas
1 ovo
queixo relado
pementa negra




Preparación:

Poñemos as obleas nuns moldes de silicona, os que usamos para as  magdalenas.
Batemos o ovo e misturamos co queixo relado e un pouco de pementa negra.

Dentro de cada molde poñemos un pouco das algas e un mexilón e tapamos coa mistura de queixo e ovo batido.

Metemos no forno que xa temos quente a 200º durante 10 minutos, ata que vexamos os bordes das obleas dourados.


Retiramos do forno e deixamos que refríe un pouco antes de servir.