viernes, 2 de noviembre de 2012

LOUZAN “MERCOU A PRENSA” SEGUNDO GALICIA CONFIDENCIAL ANTES DAS ELECCIÓNS


O periodico dixital titula “Louzán deu 600.000€ á prensa antes do 21-0."
Os medios en galego excluídos do reparto. Atlántico Diario tamén é castigado polo xiro editorial de La Región, agora crítica co goberno do PP na Xunta.
A Deputación de Pontevedra asinou doce convenios de colaboración con medios de comunicación nos meses previos ás eleccións galegas. A institución que preside Rafael Louzán (PP) pagará 603.555 euros públicos a determinados xornais e radios.
Os convenios son unha vía opaca de reparto de cartos públicos a dedo. A diferencia das convocatorias vía boletín oficial, non hai competencia nin publicidade. Por exemplo, os datos dos convenios aos que accedeu GC non están publicados nin no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nin na web da Deputación.
Tanto Colexio como Sindicato de Xornalistas levan lustros criticando este método de reparto de subvencións. Como o reparto depende unicamente do criterio do mandatario de turno, neste caso Rafael Louzán, é evidente que os convenios dificultan a fiscalización á labor de goberno. Este método de compra de vontades editoriais tamén é usado pola Xunta, tanto polo PP como cando o bipartito.
O reparto executado dende a Deputación foi o seguinte:
Data Empresa Cantidade (euros)
20/07/12    Galicia en el mundo     9.256
22/08/12    Radio Pontevedra    108.900
22/08/12    COPE    50.840
23/08/12    Diario de Pontevedra    94.380
21/08/12    Radio Vigo-localia    140.001,05
16/08/12    Diario de Arousa    59.999,98
19/09/12    Televigo    50.847,45
21/09/12    Galicia Selecta     9.440
25/09/12    Si Radio    21.236
26/09/12    ABC    44.400
16/10/12    El Correo Gallego (Bolcontur)    6.390
16/10/12    Faro de Vigo (Bolcontur)    7.865
    Total     603.555
Castigo a Atlántico
Desta volta a administración Rafael Louzán vetou a Atlántico Diario, cabeceira propiedade do Grupo La Región. Atlántico é o segundo xornal de Vigo e mantivo tradicionalmente unha liña editorial moi conservadora. Fíxoo até que nesta lexislatura o  Grupo La Región, como explicou GC, virou contra Alberto Nuñez Feijóo.
Unha das consecuencias evidentes deste xiro editorial do Grupo La Región é que Atlántico quédase do reparto discrecional de fondos nestes meses. Así lle pasou na Xunta e así lle pasa na Deputación.
Os medios en galego excluídos
Tamén chama a atención que a Deputación excluíra do reparto a todos os medios de comunicación en galego que hai na Provincia. A institución prefire subvencionar a dedo a cabeceiras cunha excasa implatanción alí e que, de feito, non crean postos de traballo en Pontevedra, pero que teñen líñas editorias moi proclives ao PP como, por exemplo, ABC.
Pola contra, a Deputación de Pontevedra non ten ningunha convocatoria de axudas públicas para subvencionar aos medios que editan na lingua propia do país e que xeran traballo na provincia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario