lunes, 26 de noviembre de 2012

Cociña. Biscoito de plátano



Tiña polo froiteiro dous plátanos a punto de pasar a mellor vida e nada mellor que misturalos cun pouco de fariña integral para obter un desaiuno completo.

Biscoito integral de plátano 








Ingredientes:

250 gr de fariña integral
3 ovos
2 plátanos maduros
150 gr de queixo batido 0% ou Iogur natural
100 gr de fructosa ou o dobre de azucre
1/2 vaso de aceite de oliva
1 sobre de levadurina


Preparación:

Batemos os ovos coa fructosa. Engadimos a continuación o queixo batido cos plátanos e batemos todo ben. Engadimos o aceite e por último engadimos a fariña integral e a levadurina que temos tamizadas.

Engraxamos un molde e vertemos a mistura.
Prendemos o forno a 180º e deixamos que se quente.
Metemos o biscoito no forno e deixamos cocer durante 30 minutos. Pinchamos para ver si esta cocido senón deixamos 5 minutos mais.
Retiramos e deixamos que morne un pouco.
Desmoldamos e deixamos arrefriar sobre unha reixa.

Servimos frío