miércoles, 21 de noviembre de 2012

Artes Visuais. A Cambadesa Mónica Guillán protagonista dun documental sobre emprendedores




Galiza Emerxente, a visión dos novos emprendedores galegos

"A Fundación Vicente Risco estreará o vindeiro xoves 22 de novembro ás 20:30 horas

no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense, Galiza Emerxente, un documental no que colaboraron seis emprendedores galegos de referencia na nosa Terra para transmitir unha mensaxe de optimismo sobre o futuro de Galiza. 
Ao longo do documental vanse enlazando as traxectorias profesionais dos protagonistas: André Arzúa (restaurador-A Fábrica de Vilanova), Guadi Galego (cantante e compositora), Moisés Sanromán (distribuidor Summum delicatessen), María Estévez (empresaria-Aceite Olei), José Luis Mateo (enólogo-Quinta da Muradella), Mónica Guillán (deseñadora) e Rubén Riós (produtor e actor).A través de pequenas entrevistas, estes seis participantes relatan as súas experiencias como emprendedores, explicando como lograron acadar o éxito empresarial co que contan na actualidade e as súas expectativas a longo prazo, ademais de aportar a súa visión de cómo ven o futuro inmediato de Galiza.
Seis visións persoais que coinciden en resaltar o feito de que o progreso de Galiza pasa por vincular tradición e modernidade para aproveitar o enorme potencial desta terra. Ademais de transmitirlles ás novas xeracións que en Galiza tamén é posíbel un pleno desenvolvemento profesional, transformando en negocio rendible ideas ou proxectos empresariais."

Esta é a nota que aparece na web da Fundación Vicente Risco de Allariz, Ourense, e como vedes un dos emprendedores dos que se fala é a nosa veciña Mónica Guillán. Podes ver neste enlace o seu blog.

Este é o trailer de presentación do documental.