sábado, 1 de septiembre de 2012

OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES "VISITARÁN" A RAJOY



CORES DE CAMBADOS


Os afectados polas participacións preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco(NGB) concentraranse nun acto de protesta con motivo do inicio do curso político do PP hoxe sábado na localidade pontevedresa de Soutomaior. 

Mariano Rajoy coma en anos anteriores inaugura en Soutomaior a tempada política e os afectados polas preferentes non queren deixar pasar a oportunidade de facerse ver i escoitar.
Afectados durante o desfile do Albariño
Calcúlase que preto de 2000 afectados “darán a benvida a Galicia a Rajoy” segundo declaracións de José Manuel Estévez portavoz dos Afectados de Vigo-Val Miñor.

Tras o Real Decreto de onte do Governo Rajoy no que a normativa da máis poder ao FROB e a o Banco de España “para liquidar e disolver unha entidade de crédito” caso no que o Fondo de Garantía de Depósitos carecería de “fondos para indemnizar a todo o mundo”.“Hai unha serie de vías legais abertas i encontrámonos con que non teríamos a quen denunciar no caso de que se liquiden as entidades” argumentou. Ademáis fixo fincapé en que o problema “non é galego” senón “de carácter nacional” pois por exemplo “se cerra a CAM repercute en nos, se cerra Caixa Catalunya tamén”.
Afectados diante de unha sucursal
Criticou a Núñez Feijóo por permitir a fusión de duas entidades en mala situación e “nos pagamos as consecuencias”. “O que fixo foi fundir o que tiña que ser o gran banco galego”. Nas próximas eleccións do 21 de outubro o problema das preferentes “pódelle costar centos de miles de votos” a o actual Governo da Xunta.

O xoves os afectados protagonizaron un novo acto de protesta, esta vez na sede de NGB e que rematou diante do edificio da Xunta en Vigo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario