martes, 4 de septiembre de 2012

O “TALANTE” DE LUÍS ARAGUNDE.


Niguen vai discutir que  Luís Aragunde ganou moi folgado as eleccións municipais do 2011, ninguén vai discutir tampouco que o que se lle presupoñia era un talante moi  especial, moi campechano, “moi mariñeiro”, unha persoa que ía a tratar a todos por igual etc. etc. Pero resulta que a maioría absoluta subíuselle a Luís a cabeza e aquel famoso talante polo que parte da xente de Cambados o votou, desapareceu  das nosas vidas, agora podemos ver a un Luís maleducado, faltón, soez, dictador e mais adxetivos cualificativos que podiamos sumar a esta lista. E non é porque o diga eu, os feitos nos remitimos, por enumerar uns cuantos: Non facilita información a oposición tendo que acudir en mais de unha ocasión o defensor do pobo para que lle obrigue a darlla, participou activamente no asunto do Pinal de Maza deixando facer unha obra sen licencia municipal a todo un xerifalte do seu partido, o seu predecesor e amigo Tourís a quen acompaña un concelleiro do PP de Cambados (non dimitiu por agora ningún dos dous), non entrega as actas das xuntas de goberno  os dez dias de haberse celebrado tal e como sinala a lei, e non tardar catro meses como fai case sempre, tería que reprender os seus concelleiros, pois algúns están a durmir , aplaudir ironicamente as intervencións da oposición, xogar co movil ou saen a fumar cando lles peta, o seu vocabulario en sede plenaria  e lamentábel,  xa oichedes e vichedes en varias páxinas de internet o famoso “Victor, non me jodas”, ou decir a viva voz nun pleno que un escrito do PSOE ten faltas de ortografía,  o que lle custou que o seu portavoz dixera tamén que é un déspota e un maleducado. O talante de Luís Aragunde caeu polo chan coma un ídolo con pes de barro, e agora grazas sobre todo a pericia de Óscar Pardo podemos ensinar a Cambados e o mundo como trata Aragunde na oposición nos plenos e como uns cambadeses teñen que pedir permiso para  facer obras e outros , os do seu partido, non. O dito Aragunde, está a facer bo a Touris, e mira que este era unha prenda de moito carallo (valga a expresión). E faltan aínda case tres anos de lexislatura ¡O que nos espera!
XAQUIN CHARLIN "CHON".

No hay comentarios:

Publicar un comentario