martes, 11 de septiembre de 2012

NORA BOA ASOBLOG


Nora boa  ás persoas que nos permitirán gozar dun novo blog en Cambados. É saudable que os bos exemplos  prendan na xente e iso é o que acaba de ocorrer coa creación do novo blog de Asoblog.
O novo espazo que pode abrir internet no mundo das comunicacións debe ser no beneficio de todos e todas e permitir, como neste caso, que cambadeses e cambadesas poidamos gozar dunha nova canle de opinión e información. Somos privilexiados en canto a isto no noso pobo e neste caso aínda máis. E afirmo que aínda máis, porque Asoblog está constituído por un grupo de persoas con diferentes sensibilidades e puntos de vista que son capaces de entenderse e marcarse un obxectivo común; unha comunicación que chegue a todos/as, que sexa veraz e que no seu conxunto transmita a maior imparcialidade. O importante é comunicar e comunicarse.
Se o nacemento de Asoblog foi bo en si mesmo por canto serviu para xuntar a un grupo de persoas con diversas inquedanzas, a creación do seu novo blog significa que Cambados está máis vivo e activo ca nunca.O nacemento deste novo blog temos que celebralo todos/as porque enriquece e activa a vida no noso pobo e, ademais, porque nos permitirá ter un maior coñecemento de nos mesmos e do pobo no que vivimos.
Nora boa Asoblog e que cunda o exemplo no beneficio de todos e todas.
VICTOR CAAMAÑO RIVAS, PORTAVOZ DO BNG DO CONCELLO DE CAMBADOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario