CORES DE CAMBADOS
Charlar sobre política, medicina, literatura, arte, física ou matemáticas en locais nocturnos de ocio é a orixinal proposta, nacida hai anos en Estados Unidos, á que agora se suma Compostela, a primeira cidade española que organizará as Nerd Nites.
Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional), individuos que fusionan as súas paixóns coa súa vida dando lugar a unhas personalidades peculiares. Nas Nerd Nites charlarán co público das disciplinas que lles apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico.
As persoas intervintes conxugan unha traxectoria académica brillante e unha gran capacidade comunicativa, requisitos esenciais para participar nesta iniciativa, que cada noite aglutinará nun local de ocio da cidade tres charlas, cada unha delas de 15 minutos, de temáticas completamente diferentes pero coa clave común da sinxeleza de conceptos e contidos.
Xoves 20 no Kunsthalle
A rede Nerdnite en Compostela comezará a súa andaina o xoves 20 ás 22.00 horas no Kunsthalle (Rúa da Conga, 8). Os nerds desa noite serán Miguel López coa charla ‘Comer e “gastar” todo é empezar: o problema da obesidade’, David Barro con ‘Por que a pintura xa non é pintura?’ e Francisco Martínez con ‘ Spiderman e as redes de poder’.

O programa para o primeiro trimestre pecharase o 27 de novembro na Nave de Vidán coa intervención de Cassarina Verret con ‘Se poden, ¿por que non o fan? O trastorno por déficit de atención sen ou con hiperactividade (TAD –H)’, Manuel Collado con ‘En busca da fonte da eterna xuventude’ e Javier Mas con ‘Perdidos no espazo-tempo’.
No hay comentarios:
Publicar un comentario