sábado, 25 de mayo de 2013

JUAN REY, NOVO PRESIDENTE DE CAMBADOS ZONA CENTRO

Juan Rei é natural de Caldas -o seu pai fundou a prestixiosa asesoría de empresas e axencia de seguros J.Rei-, e ten 43 anos. É axente de seguros e ten unha inmobiliaria na Rúa Nova de Cambados desde fai 15 anos. Asociouse a Zona Centro en 2010 e dous anos despois entrou na directiva da asociación de comerciantes como vocal. Agora asume a presidencia, mentres que González ocupa o posto libre de vocal. 
O novo presidente de Zona Centro márcase como obxectivo prioritario aumentar o número de socios - Ten 43 anos, e dirixe unha axencia de seguros e inmobiliaria 
Juan Rei Rodríguez é o presidente de Cambados Zona Centro desde a noite do xoves, cando asinou o traspaso de poderes con Marcos González. E o seu principal obxectivo será incrementar o número de socios "porque á hora de ir negociar con calquera administración o ideal é ter a moita xente detrás", para facer valer este peso ante o político. 
Rei é partidario de que os hosteleros sigan en Zona Centro, para dese modo contribuír "a ter unha asociación forte e potente, porque cantos máis sexamos mellor". Así mesmo, quere incidir na organización de actividades de formación, tanto para o autónomo como para o empregado "porque en tempos de crises é cando máis imaginativo tes que ser". Sobre a situación económica de Zona Centro negou que existise un superávit de 50.000 euros, como apuntou o seu antecesor. "As contas están claras e non hai superávit algún. Dispoñemos dun saldo para pagar gastos e que permitiría subscribir unha póliza en caso de ser necesario e pouco máis".

No hay comentarios:

Publicar un comentario