sábado, 9 de marzo de 2013

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN DE CAMBADOS

Por si a alguén pode interesar, de paso que preparei estas imaxes para o meu alumnado de bacharelato as poño aquí tamén. Están expostas ao público no Salón de plenos do Concello de Cambados, son do ano 2004. Trátase do Plan Xeral de Ordenación Municipal elaborado nesa data pero que non chegou a aprobarse. Podemos imaxinar a gravidade que isto supón ao non ter o Concello un documento global de ordenación urbanística e as irregularidades que esto pode traer consigo. Só existen unhas normas subsidiarias que datan dos anos noventa do pasado século. Óscar Pardo ten recalcado no seu blog Cambados tk a necesidade de contar cun Plan Xeral de Ordenación Urbanístico (PXOU) como teñen todos os Concellos "serios". E como nos ten informado o propio Óscar (v. comentarios) xa A voz de Galicia indicaba no 2005!!! que o plan se estaba retrasando:

La tramitación del PXOM de Cambados acumula un retraso de casi tres años

Oito anos despois segue sen aprobarse



CAMBADOS NORTE



CASTRELO



OUBIÑA


LENDA


 Sae na prensa estes días a petición do BNG de que se remate o Plan:

Piden que se finalice el PXOM para solventar los problemas urbanísticos de Cambados



3 comentarios:

  1. Maribel... pero este é o PXOM que non se chegou a aprobar nunca, non? É unha mágoa, non será pola cantidade de veces que foi prometido (incluídos programas electorais), e pola importancia que ten para un Concello ter un plan urbanístico claro.
    Grazas polas imaxes.

    ResponderEliminar
  2. tes razón Óscar, incríble! díxome Tabuyo que non está aprobado só hai unhas normas subsidiarias aprobadas no 97 ou 99!!!

    ResponderEliminar
  3. Xa ves... eu é que ata me estaba sorprendendo porque estaba bastante seguro de que non tiñamos PXOM aínda. De feito até onde eu sei, van (ou xa o fixeron) contratar a unha empresa outra vez porque ao pasar tanto tempo o plan que estaba preparado xa non vale e hai que modificalo. Tampouco é a primeira vez que escoito dicir ao alcalde que a culpa do retraso é do bipartito (!).
    Fíxate, en 2005 a Voz xa dicía que levaba 3 anos de retraso; non imaxinaban até onde podíamos chegar (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/04/22/3660755.shtml ).

    A ausencia de PXOM aparte de non ter explicación razoable logo de once anos, crea problemas. Non é simplemente que non se estea planificando o desenvolvemento urbanístico de Cambados (algo importantísimo), senón que se dá tamén o caso de problemas creados pola entrada en vigor doutras normas, como ocorreu co POL hai un par de anos: http://cambadostk.wordpress.com/2010/02/14/plan-do-litoral-ii-a-influencia-en-cambados/

    ResponderEliminar