Esta pretensión é absolutamente interesada posto que, hoxe por hoxe, Rusia é un dos países emerxentes cuxos cidadáns gustan de gastar en viaxar e, amais, caracterízanse por ser un cliente culto, respectuoso e xeneroso e ostentoso nos gastos e cas propinas. Calcúlase que cada visitante ruso gasta diariamente ata oito veces máis que calquera outro turista; co que os rusos son cada día máis obxecto de desexo de calquera touroperador e o Salnés non ía a ser menos.
De feito representantes da Mancomunidade do Salnés reuníronse onte en Madrid co embaixador de Rusia en España para coñecer de primeira man o grao de coñecemento que os soviéticos teñen das Rías Baixas. O diplomático confesou que esta comarca a penas é coñecida no seu país, porén que tiña un gran potencial para cautivar ós seus compatriotas.
Namentres os rusos non chegan, as expectativas do sector terciario nas Rías Baixas son moi malas malia a inminente chegada da Semana Santa. A capacidade económica do mercado local é paupérrima e os visitantes lusos parecen non estar pola labor de formalizar reservas no Salnés polo de agora.
![]() |
| O EMBAIXADOR RUSO KORCHAGUIN |
Así as cousas, a solución pasa por dinamizar a afluencia do turismo internacional co que impera buscar unha pronta solución á atomización do sistema aeroportuario galego. Amais de reclamar un aeroporto único, os alcaldes do Salnés e os hostaleiros piden tamén un novo pulo á programación do vóos directos a Galicia a prezos competitivos. De iso dependen a continuidade duns 300 hoteis e outros tantos restaurantes das Rías Baixas e os postos de emprego directos e indirectos que xeran.

No hay comentarios:
Publicar un comentario