jueves, 21 de febrero de 2013

NOTA INFORMATIVA DA AGRUPACIÓN DE MARISQUEO A FLOTE DA CONFRARíA DE CAMBADOS

Como todos xa sabedes, a función principal de esta directiva  é a defensa do sector de marisqueo a flote da Confraría de Cambados e a todos e cada un dos seus membros . Cando
asistimos á reunión emprazada polo Patrón Maior , o Sr. Benito González para informarnos da posibilidade de acollerse a unha parada remunerada para todo o marisqueo a flote, todos os que estabamos  en dita reunion feita recibimos a nova de que todo aquel  Rañeiro ( Mariñeiro adicado a recoller ameixas co raño dende unha embarcación) tería dereito a esta medida excepcional,  sempre e cando tivese marisqueo no seu permex e estivera un mínimo un ano enrolado na súa embarcación.  Dende a Directiva dos Rañeiros de Cambados queremos dar o noso  apoio a tosdos aqueles rañeiros que non puideron acollerse a este paro,
Neste caso flagrante, nón, como Directiva dos  Rañeiros  pouco podemos facer, pero sí a nosa Confraría, xa que, lembremos, o noso Patrón Maior é Presidente da Federación Galega de Confrarías que é o organismoque tramitou estas a xudas así como os requesitos pertinentes para acollerse a elas.
Polo tanto i en cumprimento do noso deber, a Directiva da Agrupación de Vara de Cambados invita ó noso Patrón Maior e así mesmo presidente da Federación Galega de Confrarías a que convoque unha reunión con todos aqueles Rañeiros  de Cambados e doutras confrarías que non puideron acollerse a ese “Paro”, para explicarlles os motivos que lles impiden acollerse a estas axudas, cando uns días antes afirmaba na reunión, que todos aqueles  que tivesen marisqueo podían facelo.
A realidade disto e que sempre pagan xustos por pecadores. A maioría destes rañeiros excluidosdo paro  levan mais de 20 anos traballando a este oficio ( e moitos como actividade única i exclusiva), pero nestes menesteres a  antiguedade non se valora, xa que neste paro soamente se requireu a discriminatoria medida de ter como mínimo un día de traballo nos Lombos do Ulla. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario