jueves, 27 de diciembre de 2012

Marcha Ciclista Solidaria en Vilanova de Arousa

O Concello de Vilanova de Arousa, AXUVI e Novas Xeracións organizan para o vindeiro sábado 29 de decembro unha “Marcha Ciclista Solidaria”. Os requisitos para participar son simplemente vestirse de Papá Noel e aportar algún xoguete ou algo de comida para doar ós servizos sociais do Concello.


A Marcha Solidaria comezará o vindeiro sábado ás 17:00 horas dende a Estación Marítima e rematará no Pavillón de Deportes.

Ó remate da marcha farase un sorteo de produtos a cargo das asociacións Punto Vilanova e Vilanova Centro.

Valentín Estévez
Dos Vueltas de Tuerca
Letras de Contrabando