viernes, 7 de septiembre de 2012

OS ESTANCOS TAMÉN FAN PROTESTAS AGORA CONTRA A U.E.


CORES DE CAMBADOS


Estas son varias fotos de estancos de España no dia de onte. A sua protesta ven orixinada por unha directiva da Unión Europea.

Onte, 6 de setembro de 2012, nun acto conxunto, máis de medio millón de detallistas de tabaco da Unión Europea, que representan a 1,5 millóns de empregados, estaban convocados a manifestar o seu rexeitamento ás modificacións que Bruxelas quere incluír na Directiva Europea de Produtos do Tabaco 2001/37/CE. A protesta, convocada pola Confederación Europea de Detallistas de Tabaco (CEDT) consistiu en ocultar con sabas brancas os paquetes de cigarros e produtos do tabaco nos seus establecementos.
Con este acto preténdese simular o que a Unión Europea quere obrigar a facer nos estancos que é equiparar un produto legal e moi lexislado a calquera produto ilegal.
En todos os países participantes, os representantes do sector leron un
manifesto para solicitar á Administración europea que escoite as súas reivindicacións e entenda as negativas consecuencias da súa aplicación no caso de que chegasen a ser aprobadas. En España, a lectura do comunicado tivo lugar na expendeduría número 74 da rúa Barquillo, Nº 22 en Madrid, ás 11:30 horas. Mario Espello Aguilar, presidente da Unión de Estanqueros de España, leu, acompañado polo Consello Directivo da Organización, o manifesto dos detallistas de tabaco europeos contra a prohibición de exhibición dos produtos do tabaco nos estancos.
Fotos de onte entre elas hai duas dun estanco de Cambadoo

No manifesto indicouse:
* A firme oposición dos detallistas de tabaco europeos contra as medidas draconianas que quere incluír a Directiva Europea, talles como a prohibición de exhibición dos produtos do tabaco, o empaquetado xenérico, as advertencias sanitarias con grandes dimensións e a prohibición de certos ingredientes que terían efectos devastadores sobre todo
un sector, que está xa moi regulado.
* Fíxose fincapé en que o sector ofrece a súa total dispoñibilidade para seguir
mantendo un diálogo aberto coas institucións europeas.
* E solicitouse a creación dunha mesa de diálogo permanente cos
Comisarios Europeos responsables das Direccións Xerais: Sanco;
Mercado Interior; Empresa, Emprego, Aduanas e Impostos Indirectos e OLAF.
Segundo as primeiras sondaxes, o acto protesta contou cun amplo respaldo dos expendedores no noso país. En España, o sector do tabaco xera preto de 56.000 empregos directos e indirectos e en 2011 achegou máis de 9.600 millóns de euros ao Estado en concepto de impostos. En concreto, no noso país, a prohibición de exhibición de produtos do tabaco afectará aos 13.601
establecementos repartidos por todo o territorio nacional. Son unhas 14.000
familias as que viven desta actividade que xera 27.000 postos de traballo.
Trátase do primeiro acto colectivo dos vendedores detallistas de tabaco en Europa.
É un feito histórico cuxo obxectivo é conseguir que os políticos europeos escoiten aos expendedores de toda Europa con este acto protesta levado a cabo no interior dos locais de venda autorizada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario